XXIII Xornadas de lingua e literatura. 27 de abril en Compostela

CIG-Ensino e AS-PG organizan un ano máis as Xornadas e lingua e literatura, que terán lugar o sábado 27 de abril no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela

Co fin de estudar diferentes aspectos relacionados coa lingua e literatura e con temas de interese para o profesorado desta materia, e de espallar experiencias pedagóxicas baseadas na implicación de profesorado e alumnado, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a CIG-Ensino organizan unha nova edición das súas Xornadas de lingua e literatura, que van pola XXIII edición.

DÍA

Sábado 27 de abril

LUGAR

IES As Fontiñas. Santiago de Compostela

INSCRICIÓN

Ata o 25/4/13, de balde, aquí

PROGRAMA

10.00 h Entrega de material e inauguración.

10.30 h MESA REDONDA: Música popular e identidade. Por que lermos hoxe Rosalía de Castro?

-Mª PILAR GARCÍA NEGRO, escritora e docente na UDC.

-FRANCISCO RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, escritor.

-Mª XOSÉ SILVAR, “SÉS”, filóloga e música.

13.00 h CONFERENCIA: Roberto Vidal Bolaño. Unha vida para o teatro

-LAURA TATO FONTAÍÑA, docente na UDC.

16.00 MESA REDONDA: O ensino en galego: presente e futuro

-CARLOS CALLÓN TORRES, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

-XOAN COSTA CASAS, docente no IES Menéndez Pidal, presidente da AS-PG.

-VALENTÍN GARCÍA GÓMEZ, Secretario Xeral de Política Lingüística.

-GORETTI SANMARTÍN REI, docente na UDC.

18.00 SEMINARIOS:

-O autor fala da súa obra: MARCOS CALVEIRO, escritor.

-O estereotipo antigalego na literatura española Moderna: ALEXANDRE PÉREZ VIGO, doutorando en filoloxía galego-portuguesa.

-Estratexias para o traballo da poesía nas aulas: MARÍA LADO, escritora.

-Lingua para tod@s. Aproximación didáctica ao sexismo lingüístico: ESTEFANÍA MOSQUERA CASTRO, docente na UDC.

-A Pinguela. Teatro para ler e representar. Aplicacións didácticas: XOSÉ LUNA SANMARTÍN, docente no CEIP O Foxo.

19.30 ACTUACIÓN MUSICAL: Asociación cultural-musical Solfa. Repertorio galego.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio