As XXII Xornadas de Lingua e Literatura terán lugar os próximos días 20 e 21 de abril de 2012 na Facultade de Ciencias da Educación (Xoán XXIII, s/n) de Santiago de compostela.
PROGRAMA
Venres 20
17.00 h. Conferencia: Celso Emilio Ferreiro á luz dunha biografía. Ramón Nicolás Rodríguez, profesor e crítico literario.
18.30 h. Correlingua: O alumnado como protagonista dunha ferramenta normalizadora.
19.00 h. EL Producionóns artísticas, compañía de teatro residente no Tal-Teatro Arte Livre de Vigo. Representación da obra de teatro: Lorca e as flores de Venus de Marga do Val.
Sábado 21
De 10.00 a 11.00 h. Seminarios:
-A autora fala da súa obra. Olga Novo, escritora.
-O cartel como elemento normalizado. Pilar Ponte, profesora de lingua e literatura galegas.
-Proposta didáctica para traballarmos nas aulas coas SMS e outros soportes comunicativos. Estefanía Mosquera Castro, filóloga.
De 11.15 a 12.15 h. Seminarios:
-O autor fala da súa obra. Miro Villar, escritor.
-Presenza das mulleres na literatura galega. Mercedes Queixas Zas, profesora de lingua e literatua galegas e crítica literaria.
-Proxecto Ríos de Lingua e Cultura. Iniciativa de recollida e divulgación de nomes populares asociados aos ríos. Virxinia Rodríguez Álvarez, presidenta de ADEGA, coordinadora do Proxecto Ríos.
12.30 h. Mesa redonda: Música e literatura. Xurxo Souto, Sés, Leo i Arremecaghona e Miguel Mosquera de Ataque Escampe.
13.30 h. Presentación do proxecto xornalístico Sermos Galiza.
Presentación da rede socioeducativa Belvís.
16.00 h. Conferencia: Cicatrices de ferro nas palabras. A obra poética de Valentín Paz Andrade. Carlos Callón Torres e Paulo Filgueiras Fachal, profesores de lingua e literatura galegas.
17.30 h. O grupo de teatro da Sociedade Cultural MEDULIO (Ferrol) representa o espectáculo O mundo segundo Rosalía de Castro, como homenaxe e celebración dos 175 anos do nacemento da nosa escritora fundacional. Consiste na escenificación de poemas rosalianos pertencentes a Cantares Gallegos e Follas Novas. Este espectáculo demostra a potencialidade da poesía de Rosalía para a escena e a súa impresionante actualidade, alén de indicar camiños e suxestións para o profesorado e o alumnado achegarse a ela.
Matrícula:
-Socios/as da AS-PG e afiliados/as da CIG-Ensino: 15 €
-Desempregados/as: 36€
-Normal: 60€
Pode facerse no apartado de formación do web da AS-PG >
XXII Xornadas de Lingua e Literatura, o 20 e 21 de abril en Compostela
Un ano máis, a AS-PG e a CIG-Ensino, convocan as Xornadas de Lingua e Literatura, un lugar de intercambio de experiencias, de presentación de recursos e de debate dos principais problemas que afectan á docencia de Lingua e Literatura, sen esquecer nunca a problemática sociolingüística