XXI Xornadas de Lingua e Literatura, o 29 e o 30 de abril en Compostela

Xosé Manuel Pereiro, Manolo Rivas, Anxos Sumai, Inma López Silva, Carlos Callón, Suso de Toro, Goretti Sanmartín, Henrique Monteagudo, Pilar García Negro, Olga Patiño, Francisco Rodríguez..., serán algunhas das persoas participantes nas XXI Xornadas de Lingua e Literatura da AS-PG e CIG-Ensino que terán lugar o 29 e o 30 de abril en Santiago de Compostela

As XXI Xornadas de Lingua e Literatura, organizadas pola AS-PG e pola CIG-Ensino, terán lugar o venres 29 e sábado 30 de abril en Santiago de Compostela.

PROGRAMA

Venres 29

– 17:00 h. Debullando a Lois Pereiro. A vida, a imaxe e o son. Por Xosé Manuel Pereiro, Manuel Rivas e Manu Clavijo.

– 19:00 h. Conferencia: Singularidade de Castelao na literatura galega. Por Manuel Rei Romeu.

– 20:00 h. O proxecto de Casa Museo para Manuel María. Pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos.

Sábado 30

– 10:00 Seminarios:

* Anxos Sumai: O autor fala da súa obra.

* Inma López Silva: O teatro interminábel. Ensinar en Secundaria empregando o teatro como ferramenta.

* Carlos Callón: Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.

* Dorinda Castro Soliño: 8×8=64 propostas para traballar o tema da muller nas aulas de lingua e literatura.

– 11:15 h. Seminarios:

* Suso de Toro: O autor fala da súa obra.

* María Xesús Sarmiento Macías, Carme Gómez e Serafín Alonso Pintos: Dar oídos. Escoitar na clase de lingua.

* Xavier Gómez Guinovart: Recursos de tecnoloxía lingüística para o galego.

* Roberto Pascual: Creación dunha escola de espectadores nos centros educativos.

* Valentim R. Fagim: Ops! O português simples.

– De 12:30 a 14:00 h. Debate: Situación actual e futuro da lingua galega, con Pilar García Negro, Henrique Monteagudo e Goretti Sanmartín Rei.

– 16:00 h. Rexina R. Vega: Conferencia: Bilingüísmo e creación literaria: a vía heterodoxa de Álvaro Cunqueiro.

– 17:00 h. Olga Patiño Abeixón e Luciano Fernández Martínez. Presentación: Redes sociais para a lingua e a literatura.

– 17:30 h. Francisco Rodríguez. Conferencia: Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria.

– 18:30 h. María Lado e Lucía Aldao: Moita poesía e pouca diversión.

O prazo de inscrición está aberto até o 29 de abril, e pode facerse aquí.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio