Datas das xornadas: 9 e 10 de abril
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación da USC (Ruá de Xoán XXIII. Santiago de Compostela)
CONTIDOS XERAIS
1. Mesas redondas:
a. Uxío Novoneyra (Carme Blanco e Lois Diéguez)
b. O Decreto do Plurilingüismo a debate (A Mesa, CGENDL, CIG-Ensino e AS-PG)
2. Conferencias:
a. Rosalía de Castro. 125 de incomprensión (Francisco Rodríguez)
b. Carvalho Calero: foula e ronsel (Aurora Marco)
3. Seminarios:
a. A importancia da tradución na normalización lingüística: Margarita Romero
b. A lingua, da rede á aula e da aula á rede: Amador Loureiro
c. Cando as escavadoras se achegan ao corazón; ecoliteratura: Séchu Sende
d. Ernesto Guerra da Cal: Xoel Gómez
e. Guías de lectura máis alá do texto: Pilar Ponte
f. Luís Seoane: María Antonia Pérez
g. O autor fala da súa obra: Agustín Fernández Paz
h. O autor fala da súa obra: Rafa Villar
i. Por qué o colacao non está no dicionario? Palabras da lingua galega procedentes de marcas rexistradas: María Rey
4. Proxección de vídeos:
a. “Cartografía da identidade. Uxío Novoneyra” (AS-PG)
b. “Entre linguas. Fronteira e lingua” (Eduardo Sánchez Maragoto)
5. Actividade lúdica: Bicoca de boca en boca (Celso Fernández Sanmartín)
Programa completo en .pdf >
Matrícula: do 26 de marzo até o 8 de abril. Respectarase a orde de inscrición, e terán prioridade os/as afiliados/as da CIG-Ensino e os/as socios/as da AS-PG, até completar as 250 prazas [a matrícula debe facerse no formulario habilitado]
Organizan: AS-PG e CIG-Ensino
XX Xornadas de Lingua e Literatura, da AS-PG e CIG-Ensino
As Xornadas de Lingua e Literatura, organizadas pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e pola CIG-Ensino, chegan neste 2010 á súa XX edición. Terán lugar en Santiago de Compostela os días 9 e 10 de abril e o prazo de inscrición abrirase o 26 de marzo.