XX Encontros para a Normalización Lingüística. Paso a paso, man con man. Deporte e lingua
Os Encontros para a Normalización Lingüística chegan á súa vixésima edición. É unha efeméride para festexar, mais tamén para abordar a relación da nosa lingua co deporte. Será o 12 e o 13 de abril na sede do Consello da Cultura Galega no Pazo de Raxoi.
Estes Encontros por forza teñen que ser especiais. Chegamos á vixésima edición e cómpre facer balance para afrontar con máis azos o futuro, lembrar o que conseguimos e termos presente o camiño que temos por diante. Mais non só haberá nostalxia e celebración, tamén se analizará o ámbito do deporte e a súa relación coa lingua, desde a perspectiva do deporte profesional, da administración, da comunicación, do deporte tradicional e do ensino.
E, como nos últimos anos, os Encontros destinarán un espazo específico á presentación e difusión de iniciativas e experiencias normalizadoras, tanto no programa presencial (Crear contextos) coma na Artesa, a mostra de recursos.
Haberá tamén un grupo de Facebook, que permitirá compartir información e iniciar o debate antes das sesións presenciais. Animámosvos a unirvos ao grupo e participar nos debates, propor ideas, dúbidas, etc.
Datas: 12 e 13 de abril de 2018
Lugar: Sede do Consello da Cultura Galega, Pazo da Raxoi, praza do Obradoiro, Santiago de Compostela
Inscrición: gratuíta a través do formulario desta páxina. O número de prazas está limitado a 100, que se cubrirán por orde de inscrición.
Organiza: Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (Consello da Cultura Galega)
Colabora: Secretaría Xeral de Política Lingüística
PROGRAMA
XOVES 12 DE ABRIL
16:00 horas. Inauguración
16:30 horas
A memoria como fermento ou o libro-álbum como acta dun quefacer deportivo: tres exemplos
Héctor Pose, profesor da Universidade da Coruña
Presenta: Gregorio Ferreiro
17:30 horas
DEPORTE PROFESIONAL
Presenta: Sergio Delpont, xornalista da TVG
Interveñen:
Sergio Álvarez, porteiro do Celta de Vigo
Mercé Barrientos, ex-presidenta da Federación Galega de Taekwondo, presidenta de MUDEGA
Ezequiel Mosquera, ex-ciclista e organizador de eventos deportivos
Borja Golán, xogador profesional internacional de squash
Coloquio
19:00 horas. Pausa – Visita á Artesa
19:30 horas
DEPORTE DE BASE TRADICIONAL
Presenta: Xusto Rodríguez
Interveñen:
Manuela Places, delegada do Club de Remo Cabo da Cruz
Moisés Iglesias, presidente do Club A Cambadela de loita tradicional galega
Mario Rodríguez, presidente da Asociación “Xogos Tradicionais de Compostela”
Coloquio
20:30 horas. Peche da sesión
VENRES 13 DE ABRIL
09:30 horas
DEPORTE E ADMINISTRACIÓN
Presenta: Anxos Sobriño
Interveñen:
Representante da Secretaría Xeral para o Deporte
Anxos Riveiro, concelleira de Deportes do Concello de Pontevedra
Roberto Rey Martínez, alcalde do Concello de Frades
Coloquio
10:30 horas
PROXECCIÓN DE O DEPORTE GALEGO FALA GALEGO
10:45 horas
A COMUNICACIÓN DO DEPORTE
Presenta: Marta Souto
Interveñen:
Mila Alonso, responsable de comunicación das federacións galegas de balonmán, tríatlon e taekwondo
José Carlos Bastos, xefe de prensa da Fundación Celta de Vigo
Óscar Losada, editor de O Dez e Zona Press
Coloquio
11:45 horas. Pausa – Visita á Artesa
12:15 horas
DEPORTE E ENSINO
Interveñen:
Diego Rojo, IES de Ames, Bertamiráns
Anxo Gómez García, IES Sánchez Cantón, Pontevedra
Antonio Ferrer Moreira, CEP Campolongo, Pontevedra
Ana Rey Cao, profesora titular do Departamento de Didácticas Especiais da Universidade de Vigo
Coloquio
16:00 horas
CREAR CONTEXTOS. Obradoiros simultáneos
Presenta: María Justo
Adestramos a nosa lingua (ed. infantil e ed. primaria)
Biblioteca Vivente: a lingua dá xogo (ed. secundaria)
Xandobela
17:20 horas
CONMEMORACIÓN XX ANIVERSARIO DOS ENCONTROS
Unha ocasión para a memoria e a celebración
Rosario Álvarez, directora do CDSG e vicepresidenta do CCG
Navegar a travesía. Notas do caderno de bitácora (1993-2018)
Henrique Monteagudo, promotor dos Encontros e director do CDSG (1996-2014)
Vinte anos non son nada?
Encontro con: Mercedes Penoucos, Olga Iglesias, Manuel Bermúdez, Nel Vidal, Tina Formoso
19:20 horas
Fóra de xogo
Federico Pérez, actor
20:00 horas. Conclusións e clausura
Programa en .pdf e máis información no web do CDSG.