O eixo principal destes décimo oitavos encontros serán os comportamentos lingüísticos da mocidade, analizados desde unha perspectiva multidisciplinar. Tamén serán obxecto de reflexión os recursos dixitais xerados para a promoción do galego. Con antelación ás sesións presenciais, haberá ocasión de debater en liña a través dos dous grupos de Facebook que se crearán ao fío destes dous temas propostos.
Datas: 14 e 15 de abril de 2016
Lugar: Sede do Consello da Cultura Galega, Pazo da Raxoi, praza do Obradoiro, Santiago de Compostela
Inscrición: gratuíta a través do formulario desta páxina. Limitado a 100 prazas que se cubrirán por orde de inscrición.
PROGRAMA
XOVES 14 DE ABRIL
Sesión da tarde
16:00 horas. Inauguración
16:30 horas
CONDUTAS LINGÜÍSTICAS: QUE MOVE A NOSA MOCIDADE?
Presenta: Conchi Cochón
Actitudes e conduta lingüística
Miguel Pérez Pereira. Psicoloxía evolutiva e da educación. Universidade de Santiago de Compostela
A muda lingüística: motivacións, identidades e ideoloxías
Fernando Ramallo. Lingüística xeral. Universidade de Vigo
18:00 horas. Pausa
18:30 horas
O comportamento lingüístico da mocidade: un debate cos protagonistas
Coordina: Luís Cuntín
20:00 horas. Peche da sesión
VENRES 15 DE ABRIL
Sesión da mañá
10:00 horas
RECURSOS DIXITAIS: AS SÚAS POTENCIALIDADES, AS SÚAS LIMITACIÓNS
Presenta: Manuel Bermúdez
10:15 horas
A era dixital: oportunidades para o galego
Eduardo Rodríguez Banga. Teoría do sinal e comunicacións. Universidade de Vigo
10:45 horas
Avaliación de recursos para a normalización lingüística: as tecnoloxías e os recursos lingüísticos
Presenta: Rosario Pérez Magdalena
Marcus Fernández. Webmaster de Código Cero
Xusto Rodríguez. Servizo de Normalización Lingüística. Universidade de Santiago de Compostela
12:15 horas. Pausa
12:45 horas
FAMILIA E ESCOLA: SEMENTES DE LINGUA
Presenta: Valentina Formoso
Estratexias para a transmisión interxeracional do galego no contexto familiar
Anik Nandi. Doutorando. Heriot-Watt University, Edimburgo / Instituto da Lingua Galega
A política lingüística no ensino: o papel dos docentes e ENDL
Marta Gómez Ocampo. Doutoranda. Universidade de Santiago de Compostela
14:00 horas. Peche da sesión
VENRES, 15 DE ABRIL
Sesión da tarde
16:00 horas
O COMPORTAMENTO LINGÜÍSTICO DA MOCIDADE
Presenta: Rosario Álvarez
Håkan Casares. Observatorio da Cultura Galega. Consello da Cultura Galega
Xaquín Loredo. Seminario de Sociolingüística. Real Academia Galega
Luís Cuntín. Investigador social
18:00 horas. Pausa
18:30 horas
Usos e actitudes lingüísticas en contextos bilingües: potencialidades e limitacións do Sistema educativo
Cecilio Lapresta. Socioloxía. Universitat de Lleida
Presenta: Gregorio Ferreiro Fente
19:30 horas
Xente normal
María Lado e Lucía Aldao
20:00 horas
Conclusións e clausura
Máis información no web do Consello da Cultura Galega.
XVIII Encontros para a Normalización Lingüística. Nas bocas do futuro: mocidade e lingua
Chega unha nova edición dos Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG). Serán os vindeiros 14 e 15 de abril en Santiago de Compostela.