XVII Encontros para a normalización lingüística. 15 e 16 de outubro en Compostela

Un ano máis, o Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega organiza os Encontros para a normalización lingüística, que chegan á súa XVII edición e que terán lugar os días 15 e 16 de outubro en Santiago de Compostela

DÍAS: xoves 15 e venres 16 de outubro de 2015.

LUGAR: Sede do Consello da Cultura Galega. Pazo da Raxoi. Praza do Obradoiro. Santiago de Compostela.

INSCRICIÓN: A través do formulario deste ligazón. Limitado a 100 prazas por orde de inscrición.

PROGRAMA:

XOVES 15 DE OUTUBRO

16:00 horas. Inauguración

16:15 horas. O COMPORTAMENTO LINGÜÍSTICO DA MOCIDADE GALEGA

>Estudo e análise da situación

Xaquín Loredo Gutiérrez, Seminario de Sociolingüística. Real Academia Galega

>Primeiros avances do inquérito sobre o comportamento lingüístico da mocidade galega

Håkan Casares Berg, Observatorio da Cultura Galega. Consello da Cultura Galega

17:45 horas. Pausa

18:00 horas. Sesión de relatorios. A COLABORACIÓN NECESARIA PARA AVANZAR NA NORMALIZACIÓN DO GALEGO: EXPERIENCIAS, ANÁLISES E REFLEXIÓNS

>Coordinadora: Valentina Formoso

>Explicación do modelo de xestión e colaboración entre concellos no proxecto Apego e no Club de Debate

Socorro G. Conde, técnica de normalización lingüística do Concello de Santiago

>A normalización do galego no SUG: estratexias e resultados

Carlos Amoedo, secretario xeral da UDC

>Experiencia/necesidade de colaboración entre SNL e ENDL

Marta Souto, técnica de normalización lingüística do Concello de Vigo

20:00 horas. Final da sesión da tarde

VENRES 16 DE OUTUBRO

10:00 horas. O PAPEL DAS ADMINISTRACIÓNS LOCAIS NO PROCESO DE NORMALIZACIÓN

>A promoción do galego desde o ámbito supramunicipal. Unha proposta

Xaime Subiela

>Implicación das administracións locais: as deputacións provinciais

Representantes das catro deputacións

12:15 horas. Pausa

12:30 horas. RESISTENCIA DENDE ABAIXO. O PAPEL DAS MICROPOLÍTICAS LINGÜÍSTICAS NAS FAMILIAS GALEGAS

Anik Nandi, candidato de doutoramento, Heriot-Watt University, Edimburgo, Reino Unido. Colaborador externo no Instituto da Lingua Galega, USC

14:00 horas. Xantar

16:00 horas. RELATO, APROVEITAMENTO E CONCLUSIÓNS DOS ENCONTROS 2015 A TRAVÉS DA REDE

Coordinador: Manuel Bermúdez

David Cobas, traballador da Normalización e formador

Rosa Moreiras Cuñarro, Servizo de Normalización Lingüística, Concello de Ames

Manuel Núñez Singala, Servizo de Normalización Lingüística, USC

Xusto Rodríguez, Servizo de Normalización Lingüística, USC. Área de Terminoloxía

16:45 horas. Sesión de relatorios. INFANCIA, CULTURA E LECER

>Coordinadora: Conchi Cochón

>Campañas de animación á lectura de Kalandraka

Editorial Kalandraka, Paz Castro

>O galego campa!

Secretaría Xeral de Política Lingüística / Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, Beatriz Corral e Brais Fernández

>Fantoches Baj

Inacio Vilariño

18:15 horas. Pausa

18:30 horas. Sesión de relatorios. CAMPAÑAS EN BUSCA DE AFECTO: O QUE A PUBLICIDADE E AS RRPP PODEN FACER POLO GALEGO

>Coordina: Benigno Fernández Salgado, Facultade de Publicidade, UVigo

>Campañas institucionais a prol do galego

María Isabel Míguez González, profesora de Relacións Públicas e Dirección de Comunicación, UVigo

>As campañas de comunicación desenvolvidas dende a sociedade a prol do galego

Xosé Manuel Baamonde Silva, profesor do Grao de Publicidade e Relacións Públicas, UVigo

>Política lingüística e publicidade institucional

Olalla Rodil Fernández, redactora de Sermos Galiza

20:00 horas. Clausura dos Encontros
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio