XVI Encontros para a normalización lingüística. 24 e 25 de setembro

O 24 e 25 de setembro de 2014 o Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, acolle unha nova edición, a XVI, dos Encontros para a normalización lingüistica. O prazo de inscrición está aberto até o 14 de setembro

PROGRAMA [Para descargar en .pdf, aquí]

MÉRCORES, 24 de setembro

16:00 INAUGURACIÓN

16:15 RELATORIO: Sociolingüística e glotopolítica: catalán / valenciano. MIQUEL PRADILLA

17:30 PAUSA-ENCONTRO

18:00 RELATORIO: Sociolingüística e glotopolítica: vasco. PATXI BATZARRIKA

19:00 RELATORIO: Sociolingüística e glotopolítica: o asturiano. DAVID GUARDADO

XOVES, 25 de setembro



9:30 RELATORIO: O PLURILINGÜISMO NO ESTADO ESPAÑOL: A CULTURA CÍVICA

-A xustiza ante o plurilingüismo. FRANCISCO CAAMAÑO

-O plurilingüismo na cultura lingüística española. ANDRÉS BARRERA

-A diversidade de linguas de España nos medios de comunicación. IAGO MARTÍNEZ

11:15 PAUSA-ENCONTRO

11:45 RELATORIO: AS LINGUAS DE INMIGRACIÓN: INTEGRACIÓN E PLURILINGÜISMO

-Inmigración, integración e plurilingüismo en Cataluña. CARMEN JUNYENT

-Inmigración e multiculturalidade en Galicia. ANTÍA PÉREZ

13:00 RELATORIO: AS LINGUAS DE EUROPA

-A Carta europea das linguas rexionais e minoritarias. ALBA NOGUEIRA

-A política da Unión Europea cara ás linguas minorizadas. CARMEN ALÉN

16:30 RELATORIO: Sociolingüística e glotopolítica: galego. XAIME SUBIELA

17:30 PAUSA-ENCONTRO

17:45 RELATORIO: O galego estremeiro. HECTOR SILVEIRO

18:30 PROXECCIÓN: FRONTEIRAS

19:45 CLAUSURA

INSCRICIÓN

– A inscrición realizarase exclusivamente a través do formulario habilitado no web do CCG, AQUÍ >.

– Establécese en 100 o límite de prazas, que se cubrirán por orde de inscrición. Teñen preferencia, en todo caso, os/as socios/as da CTNL e da CGENDL.

Prazo de inscrición: ata o 14 de setembro

– Listaxe de admitidos/as: 15 de setembro

– Entregarase diploma acreditativo de participación nos XVI Encontros, emitido polo Consello da Cultura Galega.

– Para acadar o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

ESPAZO de realización

Salón de actos do Consello da Cultura Galega

Pazo de Raxoi, 2º andar

Praza do Obradoiro s/n

Santiago de Compostela

ORGANIZA

-Consello da Cultura Galega. Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

COLABORAN

-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

-Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL)

Información completa e inscrición, aquí >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio