Xustamente en galego, campaña do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela presenta unha nova campaña de promoción do uso do galego entre a avogacía. "Xustamente, en galego" é o seu título, co que se pretende reflexionar acerca dos usos lingüísticos que acotío se veñen desenvolvendo nas relacións entre a cidadanía e a Administración de xustiza.

A campaña contará con carteis divulgativos que se estenderán principalmente polos espazos relacionados co ámbito da xustiza: xulgados, facultades de dereito, colexios de avogados etc. Ao mesmo tempo, na páxina web do colexio de avogados ofrecerase un apartado onde as persoas interesadas poderán deixar o seu “motivo” polo que incrementar o uso do galego no ámbito da xustiza.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio