Xurxo Souto, premio Leixaprén 2010 de promoción da lingua galega

O músico, escritor e presentador Xurxo Souto recibiu o XI Premio Leixaprén polo seu compromiso co idioma galego. Este premio é outorgado desde o ano 2000 pola Coordinadora de Equipos de Normalización de varios centros educativos da zona de Noia, Rois, Lousame, Dodro, Muros, Porto do Son e Outes

A Asociación Leixaprén, da que forman parte ENDL de centros de ensino de Noia, Rois, Lousame, Dodro, Muros, Porto do Son e Outes outorga anualmente o premio Leixaprén a unha persoa ou entidade que destaque polo que compromiso coa normalización da lingua galega.

Cada ano, da organización do premio e do acto de entrega encárgase un centro, mais a persoa ou entidade galardoada é escollida entre todos os ENDL. Nesta edición de 2010, a décimo primeira, o centro organizador é o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro.

O galardoado é o músico, artista e comunicador coruñés Xurxo Souto, pola súa traxectoria profesional de compromiso coa lingua galega.

As persoas e entidades premiadas durante toda a traxectoria deste premio son:

2010 – Xurxo Souto

2009 – Mar de Lira

2008 – Escola Infantil Raiola

2007 – Editorial Toxosoutos

2006 – Sala Nasa

2005 – Vieiros

2004 – Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística

2003 – Asociación Irimia

2002 – Isaac Díaz Pardo

2001 – Xosé Agrelo

2000 – Manuel María
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio