Xornadas sobre Normalización da Lingua e da Cultura no Ámbito da Educación

A CNL da Facultade de Ciencias da Educación, en colaboración co SNL da UdC, organiza a segunda edición das Xornadas sobre Normalización da Lingua e da Cultura no Ámbito da Educación, que desta volta han tratar, os días 5 e 6 de novembro, As vantaxes do plurilingüismo en contextos socioeducativos

Programa

XOVES 5

9.30 Inauguración das Xornadas

10.00-11-30: Conferencia As claves legais da normalización lingüística no ensino“. Alba Nogueira, profesora da USC.

12.00-14.00: Mesa redonda Tecendo palabras cunha lingua minorizada. Editorial Kalandraka, Isabel García Couso (redactora de Vieiros), Uxío Novoneira (responsable de comunicación de Rei Zentolo), Branca Novoneira (bailarina e coreógrafa).

16.00-18.00: Obradoiro de contacontos. Anxo Moure (dinamizador ambiental e da cultura solidaria)

18.30-20.30: A lingua galega na música. Tino Baz (músico-cantautor galego)

Venres 6

10.00-11.30: Debatemos? Anxo Lorenzo Suárez (secretario xeral de Política Lingüística), Goretti Sanmartín (directora do SNL da UDC) e Antón Costa Rico (profesor da USC e membro de Nova Escola Galega)

12.00-14.00: Mesa redonda A normalización lingüística na educación. Valentina Formoso (profesora especialista en normalización), Xabier Camba (profesor, dinamizador lingüístico) e Sechu Sende (profesor, escritor, activista en defensa da lingua galega)

16.00-18.00: Mesa redonda A dinamización da lingua en contextos socioeducativos. Natalia Doval Couceiro (Colexio Andaina), Dores Seoane Sandá (Escola Infantil Raiola) e Sara Paz Combarro (responsable da Área Pedagóxica da Fundación Preescolar na Casa)

18.30-20.00: Contacontos. Paula Carballeira (escritora, actriz e contacontos)

Máis información nesta ligazón.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio