Xornadas sobre a represión lingüística en Galiza, en Ames

O Concello de Ames, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza unhas Xornadas sobre a represión lingüística en Galiza, que terán lugar ao longo dos venres 15, 22 e 29 de xaneiro no Pazo da Peregrina, e que inclúen a exposición Crónicas da represión lingüística, que está a percorrer todo o país.

ACTIVIDADES

Venres 15 de xaneiro

19.00 h: Inauguración da exposición

19.30 h: Proxección do documental Crónicas da represión lingüística en Galiza, de Xan Leira

Venres 22 de xaneiro

19.00 h: Charla-coloquio “Crónica persoal da represión lingüística”, con representantes do BNG, PP e PSdeG de Ames

Venres 29 de xaneiro

19.00 h: Charla-coloquio “A represión lingüística en Galiza. Do s. XX á actualidade”, con María Pilar Freitas Juvino

EXPOSICIÓN DOCUMENTAL

Do 15 ao 31 de xaneiro de 2010. De luns a venres de 18.00 h a 21.00 h e sábado de 12.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 20.00 h.

Na exposición, cada hora haberá unha proxección do documental Crónicas da represión lingüística en Galiza, de Xan Leira.

Ademais, todas as persoas que visiten a exposición poderán deixar as súas experiencias sobre a represión lingüística, que serán gravadas en audio.

Tanto a exposición como todas as actividades terán lugar no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.

SNL do Concello de Ames
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio