Nestas xornadas, representantes dos medios de comunicación, profesionais dos medios e investigadores e investigadoras analizarán e reflexionarán sobre as pexas e as posibilidades da existencia de medios de comunicación na nosa lingua. O seu programa é o seguinte:
PROGRAMA
Día 8 de novembro (martes)
10:00-11:00 A crise na prensa, conferencia, Víctor Fernández Freixanes
11-12:30 Axudas institucionais á prensa. Alfonso Cabaleiro. Secretario Xeral de Medios / María Isabel Fernández. Universitat Autònoma de Barcelona
13:00-14:00 Publicidade e viabilidade comercial da prensa en galego. José Luis Gómez / Emma Torres. Universidade de Vigo
16:30- 18:00 Os lectores e os xornalistas. Difusión e lectura real da prensa en Galicia. Óscar Juanatey. Universidade da Coruña / Miguel Túñez. Informe do Consello da Cultura
18:30-19:30 Economía da prensa en Galicia. El Correo Gallego / La Voz de Galicia / La Región / El Progreso / Faro de Vigo. Modera: Xosé Manuel Pereiro. Colexio de Xornalistas de Galicia
Día 9 de novembro (mércores)
16:30-17:30 Prensa escrita en galego. De luns a venres. Alfonso Riveiro / Xosé López. Universidade de Santiago / Marcos Pérez Pena. Informe do galego nos medios
17:30-18:30 (Novos) modelos de prensa en galego. Galicia Hoxe / Galicia confidencial / Novas da Galiza
19:00- 20:30 Modelos de financiamento do audiovisual e políticas públicas. Antonio Mourelos. Presidente da Academia do Audiovisual / Juan Carlos Fernández Fasero. Director do AGADIC / Cristina Mouriño.
Día 10 de novembro (xoves)
16:30- 17:30 Modelos de éxito na televisión en galego. Antón Reixa / Araceli Gonda / Xosé Ramón Gayoso
17:30 -18:30 Radio en galego. Radio Galega / EMUGA / COPE / SER
19:00-20:00 Cinema en galego. Antón Dobao / Jorge Coira / Xosé Manuel Sande
20:00-20:30 Conclusións e clausura. Marta Pérez Pereiro. Presidenta da Comisión de Normalización. Facultade de Ciencias da Comunicación
A inscrición é de balde e pode facerse até o 3 de novembro.
Para máis información, aquí >
Xornadas: Os medios en galego, importan?
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela organiza as xornadas "Os medios en galego, importan?", que terán lugar os días 8, 9 e 10 de novembro