Xornadas Educación e linguas en Galicia

As Comisións de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación e da Escola de Formación de Profesorado, así como o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, organizan as Xornadas "Linguas e educación en Galicia", que terán lugar os días 27 e 28 de novembro de 2009

PROGRAMA

Venres 27 de novembro

9:00 a 9:30 Recepción e acto de apertura

9:30-10:45 A situación social da lingua galega. Fernando Ramallo (Universidade de Vigo)

10:45-12:00 O sistema escolar galego e as linguas. Bieito Silva Valdivia (USC)

12:30-14:00 Estratexias para a planificación lingüística escolar. Mercedes Queixas (coordinadora territorial dos ENL da provincia da Coruña); Valentina Formoso (IES Félix Muriel de Rianxo); Xosé Lastra Muruais (CEIP Manuel Masdías de Ferrol)

16:00-17:30 Principios para un modelo lingüístico consensuado e estable para Galicia. Representantes das organizacións políticas

18:00-19:30 O novo decreto sobre as linguas no sistema educativo non universitario. Anxo Lorenzo (secretario xeral de Política Lingüística)

19:30-21:00 Vídeo-coloquio. Proxecto Burela. Bernardo Penabade (IES Perdouro de Burela)

Sábado 28 de novembro

10:00-10:30 Usos lingüísticos e ideas sobre as linguas do alumnado de Ciencias da Educación da USC. Alumnos/as da Facultade de CC. da Educación

10:30-12:00 Propostas para a formación dos futuros docentes en relación coas linguas e co seu ensino. Profesorado da Facultade de Ciencias da Educación, da Escola de Formación do Profesorado e da Facultade de Filoloxía

12:30-13:30 Linguas e globalización en Europa. José Manuel Vez, profesor da USC e director do Observatorio “Atrium linguarum”

13:30- 14:00 Conclusións e clausura das xornadas

Información sobre matrícula, prazos, etc., e máis información, aquí.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio