PROGRAMA
Xoves 7 de abril
18.00 h Patrimonio toponímico. Gonzalo Navaza, escritor e estudoso da toponimia
19.30 h Talasonimia. Os nomes do mar. Xosé Lois Vilar, escritor e membro do Intituto de Estudos Miñoranos
Venres 8 de abril
18.00 h O traballo de campo na recolleita da toponimia das montañas ourensás. Aplicación práctica no estudo dos nomes dos penedos: litonimia. Vicente Feijoo Ares, licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa.
19.30 h Didáctica da toponimia. Xulia Marques, experta en toponimia.
Sábado 9 de abril
10.00 h Saída de campo: O Montealegre. Un paseo para lembrar os nomes de lugar e algo de historia. Xilberte Manso, membro da xunta de goberno do Instituto de Estudos Miñoranos.
Inscrición, de balde e por orde de inscrición, no web da AS-PG.
Estas xornadas están organizadas polo SNL do Concello de Ourense en colaboración coa AS-PG e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.
Máis información en normalizacionlinguistica@ourense.es
Xornadas de Toponimia organizadas polo Concello de Ourense
Os días 7, 8 e 9 de abril terán lugar en Ourense unhas Xornadas de Toponimia organizadas polo SNL municipal e nas que se analizará a toponimia como patrimonio, o traballo de campo ou a didáctica. A inscrición é gratuíta