Xornadas de análise da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias

O Consello da Cultura Galega (CCG) organiza unhas Xornadas de análise da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, que terán lugar na sede da institución en Santiago de Compostela os días 22 e 23 de febreiro. A participación é libre e gratuíta, mais cómpre confirmar asistencia.

O programa do encontro, coordinado por Alba Nogueira, inclúe a presenza de expertos europeos na CELMR que abordarán cuestións de relevo como o réxime de protección do ensino, a intervención lingüística na vida económica e social, os intercambios transfronteirizos ou réximes de protección, obxectivos e principios da CELMR, entre outros.



A asistencia ás xornadas de análise da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias é libre e gratuíta. A capacidade do salón de actos onde se realizarán é de cen persoas, polo que todas aquelas interesadas en asistir deberán remitir un correo electrónico ao enderezo loxistica@consellodacultura.org onde conste o seu nome, DNI, teléfono e actividade profesional ou cubrir un formulario dispoñíbel nesta ligazón. A aceptación da inscrición nas xornadas será confirmada pola organización mediante un correo electrónico.

Programa

22 DE FEBREIRO

SESIÓN DE MAÑÁ

9.30 horas. Mesa inauguración: A Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias nun contexto sociolingüístico como o de Galicia

SIMONE KLINGE, Secretariado da Carta, Consello de Europa

HENRIQUE MONTEAGUDO ROMERO, Consello da Cultura Galega

10.30 horas: A consideración de linguas rexionais ou minoritarias e a adopción de compromisos por parte dos Estados

EDUARDO RUIZ VIEYTEZ, Universidade de Deusto

J.M. PÉREZ FERNÁNDEZ, Universidade de Oviedo

12.00 horas. Pausa

12.30 horas Réximes existentes de protección e obxectivos e principios da CELRM

GWYN PARRY, Swansea University

ROBERT DUNBAR, Universidade de Aberdeen

14.00 horas. Final da sesión de mañá

SESIÓN DE TARDE

16.30 horas:O réxime de protección no ensino

ALBA NOGUEIRA, Universidade de Santiago de Compostela

17.30 horas. Pausa

18.00 horas. As autoridades administrativas e servizos públicos. A Administración de xustiza

ANNA PLA, Universidade de Girona

XAVIER FERREIRA, Universidade de Santiago de Compostela

19.30 horas. Final da sesión de tarde

23 DE FEBREIRO

SESIÓN DE MAÑÁ

9.30 horas. A CELRM, os medios de comunicación e as actividades e servizos culturais

ANGELS ORRIOLS, Universidade Autónoma de Barcelona

ELIZABETH CRAIG, Universidade de Sussex

11.00 horas. A intervención lingüística na vida económica e social

IÑIGO URRUTIA, Universidade do Pais Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea

12.00 horas. Pausa

12.30 horas: A CELRM e os intercambios transfronteirizos

EVA PONS, Universidade Autónoma de Barcelona

13.30 horas. Final da sesión de mañá

SESIÓN DE TARDE

16.30 horas: Aplicación da Carta e proceso de ratificación, aprobación e reservas

IÑAKI LASAGABASTER, Universidade do Pais Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea

SANTIAGO CASTELLÁ, Universidade Rovira i Virgili. Tarragona

17.30 horas. Pausa

18.00 horas:A Carta das linguas rexionais ou minoritarias, as linguas oficiais nunha parte do territorio dun Estado membro e a Unión Europea

ANTONI MILIAN, Universidade Autonoma de Barcelona

19.00 horas. Final da sesión de tarde
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio