Xornada Xustiza e lingua: Reflexións para a normalización

O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago organiza a xornada Xustiza e lingua: reflexións para a normalización, que terá lugar en Santiago de Compostela o xoves 8 de novembro cos obxectivos de reflexionar sobre o proceso de normalización que se está a vivir no ámbito da xustiza; ofrecer experiencias positivas e novas perspectivas que favorezan o uso normal da lingua galega no exercicio xurídico; analizar o marco xurídico da lingua galega desde unha visión interpretativa; e abordar o nivel de incidencia das accións encamiñadas a asentar e potenciar a terminoloxía xurídica galega.

PROGRAMA

18.30 h

Apertura e presentación da campaña “Avogamos polo galego”

-Evaristo Nogueira Pol, decano do Colexio de Avogados de Santiago

-Marisol López, secretaria xeral de Política Lingüística

19.00 h

Análise do marco legal do galego no ámbito da Xustiza

-Xosé Xoán Barreiro Prado, maxistrado da Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra

A normalización no eido xurídico desde unha perspectiva histórica

-Luís Rodríguez Ennes, catedrático de Dereito Romano da Universidade de Vigo

20.00 h

O comportamento dos poderes públicos e dos profesionais do Dereito cara ao galego

-Alfonso Álvarez Gándara, decano do Colexio de Avogados de Vigo

A(s) lingua(s) da xustiza en Galicia

-Henrique Monteagudo Romero, secretario do Consello da Cultura Galega e sociolingüista

21.00 h

Clausura

DÍA

Xoves 8 de novembro

LUGAR

Salón de actos do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

DESTINATARIOS/AS

Avogados/as, xuíces e xuízas, maxistrados/as, fiscais, secretarios/as xurídicos, procuradores/as, funcionarios/as dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza, alumnado das escolas de práctica xurídica e persoas interesadas en xeral.

Matrícula gratuíta con inscrición previa

Aforo máximo de 80 prazas

MÁIS INFORMACIÓN

SAL do ICA Santiago

Díptico (en .pdf)
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio