O Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Fundación Galicia Empresa, organiza para o vindeiro martes 18 de outubro unha xornada sobre “Responsabilidade social corporativa en galego”.
As sesións de traballo desenvolveranse durante a mañá e a tarde. Ademais de analizar o papel da edocomunicación e a xestión no ámbito da comunicación e a cultura, centraranse no marco existente, nas experiencias xa desenvolvidas, nas posibilidades que se poden explorar e, en definitiva, nunha reflexión que anime a considerar unha responsabilidade social corporativa dirixida á nosa cultura e á nosa lingua.
A inscrición na xornada é gratuíta e debe facerse a través do formulario desta páxina.
Programa completo, en .pdf, aquí.
Xornada sobre responsabilidade social corporativa en galego
O Consello da Cultura Galega organiza a xornada “Responsabilidade social corporativa en galego” o 18 de outubro de 2016 en Santiago de Compostela, co fin de analizar a responsabilidade social corporativa como instrumento para incorporar valores culturais e lingüísticos á xestión empresarial.