OBXECTIVOS
* Promover unha reflexión pública e ponderada sobre a problemática das sociedades plurilingües contemporáneas.
* Facilitar un espazo e unha ocasión para a análise crítica da(s) política(s) lingüística(s): a actual, as anteriores, a doutras comunidades.
* Incentivar o debate público, democrático e respectuoso coas diferenzas e as minorías sobre a cuestión da lingua na Galiza de hoxe.
* Posibilitar o intercambio de pareceres verbo do novo marco educativo deseñado polo decreto do plurilingüismo.
* Acadar algunhas conclusións orientadas á formulación de propostas positivas e posíbeis de cara á recuperación do galego como lingua de uso normal na escola galega.
* Fomentar a proposta de modelos alternativos para a normalización lingüística do galego.
DATA
Sábado 19 de xuño de 2010
LUGAR
MUPEGA. Rúa de San Lázaro 107. Santiago de Compostela
PROGRAMA
MAÑÁ
10.00 h: Inauguración
10.15 h: O plurilingüismo. Teresa Moure e Goretti Sanmartín
12.00 h: Descanso
12.30 h: A(s) política(s) lingüística(s). Socorro García Conde, Alba Nogueira, Francisco Fernández Rei, Xaime Subiela e Pilar García Negro
TARDE
16.30 h: Acto lúdico crítico (preludio cómico, improvisación, lectura…). Arremecaghona e Leo
17.00 h: O galego no ensino. Anxo Lorenzo, Bernardo Penabade, Rexina Vega, Xosé Antonio Calviño Martínez e representación do STEG
19.00 h: Descanso
19.30 h: Conclusións e clausura
Inscrición e máis información, aquí >
Xornada sobre lingua do sindicato STEG
O Sindicato de Traballadores/as de Ensino de Galicia (STEG) organiza unha xornada sobre lingua que terá lugar o sábado 19 de xuño en Santiago de Compostela e que se centrará no plurilingüismo, nas políticas lingüísticas e no galego no ensino