Xornada sobre experiencias e recursos para a normalización lingüística no ensino. 24 e 25 de outubro en Santiago

Nova Escola Galega (NEG) e a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) organizan as VII Xornadas de materiais e recursos educativos, que se centran este ano nas experiencias e recursos para a normalización lingüística. Teñen lugar en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de outubro

A IDEA

No momento que estamos vivindo consideramos fundamental unirnos para partillar ideas, recursos e ánimos. A dificultade que supón encontrar materiais en galego para determinadas áreas e proxectos pide a difusión dos existentes e achegar ferramentas que poidan resultar de axuda para construír outros.

Para dar pasos adiante é preciso coñecernos, encontrarnos e recoñecer o labor que hai detrás da construción dos recursos e de experiencias innovadoras desenvolvidas no ámbito educativo.

DESTINATARIOS/AS

-Profesorado dos diferentes niveis do ensino (infantil, primaria, secundaria)

-Estudantes

-Persoas interesadas nos recursos educativos

OBXECTIVOS

-Difundir materiais e recursos educativos concibidos e promovidos polo profesorado dos diferentes niveis do ensino coa finalidade de contribuír á normalización lingüística.

-Compartir experiencias normalizadoras.

-Formarnos en obradoiros que nos axuden a crear materiais didácticos e a contribuír á súa distribución.

-Crear un espazo aberto, práctico e de convivio para encontrármonos todas as persoas que, ben producimos ou estamos interesadas en empregar recursos educativos en lingua galega, ou ben temos interese en experiencias normalizadoras.

DATAS

Venres 24 de outubro pola tarde e sábado 25 pola mañá

LUGAR

Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela

CONTIDOS

Van estar organizadas en dous grandes bloques: un de obradoiros e outro de experiencias.

As sesións de obradoiros van destinadas a formármonos en aspectos nos que teñamos interese. Son variados e vanse realizar en dúas quendas e de xeito simultáneo.

As experiencias tamén son simultáneas e vanse desenvolver en dúas quendas. Ademais das que xa están previstas queda aberto o prazo para que calquera poida presentar unha experiencia e/ou material didáctico ou recurso educativo que elaborase para o ámbito educativo e que dalgún xeito estean contribuíndo á normalización da lingua galega.

As persoas interesadas en dar a coñecer a súa experiencia ou material, deben facelo a través dos formularios indicados nas páxinas web de NEG ou da CGENDL antes do 1 de outubro. Para poder presentar o material é necesario estar inscrito nos Encontros.

PARTICIPANTES

100 (Número máximo, dos cales 30 poderán estar en situación de desemprego).

HOMOLOGACIÓN

10 horas

MATRÍCULA

-Asociados/as de NEG, CGENDL e parados/as: 15€

-Ordinaria: 25€

Cubrir o boletín de inscrición e enviar por correo-e a neg@mundo-r.com ou por correo postal a Rúa das Hedras, 4-2ºO.15895. Ames.A Coruña.

Tamén por fax ao 981 56 25 77.

Acompañar a inscrición co xustificante bancario.

Prazo: ata o 21 de outubro

Toda a info e ficha de inscrición, aquí >

EXPERIENCIAS E OBRADOIROS CONFIRMADOS

>EXPERIENCIAS

-Aprendendo toponimia na escola. Por Vicente Feijoo

-Apps en galego. Ti tamén podes crear. Por Esperanza Gesteira

-enREDando versos. Por Paz Fernández Pereiro e Anxos Rial

-Música para nenos e nenas. Por Xurxo Boubeta e Antonio Ferrer

-Experiencias no IES A Pobra. Por Pilar Ponte

-Do MoitoEu á piruleta. Por Fátima R. Ruibal, María Souto e Paula E. Giráldez

>OBRADOIROS

-Obradoiro de iniciación ao audiovisual. Por Xosé M. Durán

-A elaboración de xoguetes tradicionais como recurso didáctico. Por Xosé López e Xosé Manuel García

-Versos de boca a orella cruzando polo corazón. Por Carlos Negro

-Obradoiro de palabras. Por Pilar Ponte e Patricia Galán

-Música actual. Uso didáctico na educación secundaria. Por Noemí Álvarez e María Rey

-En galego canto, en galego sinto. Por Paco Nogueiras

Información completa no web da CGENDL >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio