Xornada sobre a publicidade en galego. O 23 de outubro en Compostela

O Consello da Cultura Galega e a Fundación Galicia Empresa organizan unha xornada para analizar o estado de "A publicidade en galego". Terá lugar en Santiago de Compostela o xoves 23 de outubro

Nesta xornada, o Consello da Cultura Galega e a Fundación Galicia Empresa consideran oportuno examinar o estado actual da publicidade en galego. No decurso do encontro fixarase a atención nas debilidades, pero tamén se poderá comprobar que os esforzos feitos até o momento propiciaron ou axudaron a situacións mellores.

O seminario pretende revisar un aspecto da comunicación fundamental para a normalización da nosa lingua, atendendo o aspecto diacrónico e de evolución, e fotografando o estado actual, desde os puntos de vista das empresas, da teoría da comunicación, da publicidade e da lingua.

DÍA: xoves 23 de outubro

HORA: de 16.00 h a 20.00 h

LUGAR: Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela

INSCRICIÓN: de balde, aquí >

PROGRAMA

16.00 h > Inauguración

16.15 h > Panorama da publicidade en Galicia: unha achega xeral

-Alberto Pena, profesor titular de Historia da Propaganda e da Publicidade na Universidade de Vigo

17.15 h > Pausa

17.30 h > Mesa redonda. Marco histórico e actual da publicidade en galego

-A publicidade de Galicia. Sincronía e diacronía. Con Alberto Dafonte, profesor de Publicidade na Universidade de Vigo

-O galego na publicidade. Sincronía e diacronía. Con Benigno Fernández Salgado, profesor de Linguaxe publicitaria en galego da Universidade de Vigo

18.45 h > Mesa redonda. O punto de vista das empresas

-Miguel Conde, presidente de BAP&Conde

-Francisco Rodeiro Marta, director de Planificación Estratéxica e Modelo de Negocio de R

-Antonio Cortés, director de marketing de Gadisa

-Alejandro Vázquez, publicista e profesor de Publicidade da Universidade de Santiago

20.00 h > Peche e conclusións

Información completa, programa e inscrición, aquí >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio