Xornada O galego ante o desafío das sociedades multilingües

Dentro do foro Pensar o mundo desde Galicia, o Consello da Cultura Galega organiza a xornada O galego ante o desafío das sociedades multilingües, que terá lugar o 8 de xuño de 2023. A inscrición nesta actividade está aberta e é gratuíta.

O Consello da Cultura Galega organiza o 8 de xuño de 2023 a xornada O galego ante o desafío das sociedades multilingües, dentro do foro Pensar o mundo desde Galicia, ciclo de xornadas con motivo dos 40 anos da institución.

O obxectivo desta xornada é debater sobre as posibilidades que para o idioma galego se abren nun futuro que se contempla como un contexto de profunda transformación no relativo á ecoloxía da diversidade lingüística e de reforzo do plurilingüismo. E isto vai acontecer en sociedades que verán como os avances tecnolóxicos crean novas condicións de posibilidades para esa diversidade. Ao mesmo tempo, avaliarase como esas transformacións se producen en paralelo ao evidente declive dos modelos identitarios baseados na identificación lingua-Estado ou en conceptos que precisan unha revisión crítica como o de lingua nacional.

Programa

10:00 h: presentación

10:30 h: Cidadanía e multilingüismo, Peter A. Kraus, Universidade de Augsburgo

11:30 h: pausa

12:00 h: Linguas minorizadas e os seus falantes: novos espazos e novas perspectivas, Bernadette O´Rourke, Universidade de Glasgow

13:00 h: debate con Peter A. Kraus e Bernadette O´Rourke moderado por Dolores Vilavedra, Universidade de Santiago de Compostela e coordinadora da xornada

14:00 h: fin da sesión da mañá

17:00 h: mesa de debate Diversidade lingüística e plurilingüismo dende a perspectiva das minorías

Modera: Dolores Vilavedra

Patxi Bastarrika, experto en planificación e política lingüística

Eva Gugenberger, Universidade de Flensburgo

Henrique Monteagudo, Universidade de Santiago de Compostela

19:30 h: peche da xornada

A xornada terá lugar na sede do Consello da Cultura Galega, no Pazo de Raxoi, de Santiago de Compostela, e a inscrición é gratuíta e libre ata completar a capacidade da sala (100 persoas).

Máis información sobre esta xornada aquí.

Programa en .pdf

publifacebookmp2025 2

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Queremos galego!

Scroll ao inicio