Cada entidade fará unha breve presentación duns 10 minutos daquelas propostas máis axeitadas para poder ser contratadas por un SNL ou ENDL e entregaralles aos/ás técnicos/as e coordinadores/as participantes un dossier con información sobre as súas propostas.
As presentacións das empresas participantes, un total de sete, faranse de xeito continuado. Será despois destas presentacións e dunha pequena pausa cando se poderá facer un contacto directo con elas, pois as súas persoas responsábeis permanecerán na sala para que as persoas interesadas nas propostas que ofrecen poidan solicitar información máis concreta, intercambiar datos de contacto, solicitar informes con algunha proposta máis específica, orzamento, etc.
Obxectivos
- Favorecer o achegamento de traballadores/as de normalización lingüística das diversas entidades coas empresas que desenvolven produtos e servizos útiles para o traballo en servizos de normalización lingüística (SNL), equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL), etc.
- Facilitarlles aos/ás traballadores/as de dinamización lingüística o coñecemento de servizos, accións, propostas, actividades, produtos, etc., desenvolvidos por empresas e que poden ser contratados por SNL e ENDL
Destinatarios/as
- Por un lado, empresas que desenvolven e/ou ofrecen produtos e servizos directamente relacionados coa dinamización lingüística
- Por outro lado, coordinadores/as ou responsábeis de departamentos ou equipos de normalización e dinamización lingüística (SNL, ENDL, etc.)
Día e hora
Venres 5 de decembro de 2008, de 17.00 h a 20.00 h
Lugar
No marco de Cultur.gal 08, en Palexco (Peirao de Transatlánticos s/n. A Coruña)
Programa
- 17.00 h: Recepción-presentación da xornada
- 17.15 h: Presentación de servizos e produtos para a dinamización lingüística
- Producións Teatrais Talía
- Kalandraka
- Asociación de Medios Escritos en Galego (AME)
- Eme2 emoción&arte
- Tagen Ata Lingua e Comunicación
- A Mesa pola Normalización Lingüística
- Reverso Servizos Lingüísticos
- 18.45 h:Pausa
- 19.00 h: Contacto directo bis a bis empresa-cliente
Preinscrición para a actividade
Para inscribirse nesta actividade dirixida a profesionais é preciso cubrir o formulario que está dispoñíbel na páxina web do Culturgal. O prazo de inscrición remata o vindeiro 2 de decembro e que as prazas se cubrirán por orde de inscrición.