Xornada de Onomástica Galega no Museo de Pontevedra

A Real Academia Galega e a Deputación de Pontevedra organizan o vindeiro 17 de setembro unha xornada para promover a recollida de microtoponimia. Terá lugar en sesións de mañá e tarde no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e non é necesaria inscrición.

Galicia ten a cuarta parte dos nomes de lugar de toda España e catro mil máis ca todo Portugal. Pero a preservación deste importante herdo require intensificar a recollida dos nomes das veigas, vales, regueiros, montes, penedos, camiños ou fontes, antes de que morran os informantes que aínda os gardan na memoria. Co propósito de promover a colaboración cidadá interxeracional para salvar este patrimonio inmaterial, a Real Academia Galega e a Deputación de Pontevedra organizan o vindeiro sábado, 17 de setembro, unha Xornada de Onomástica Galega. Nela exporanse experiencias de recollida desenvolvidas desde distintos ámbitos, falarase da súa aplicación didáctica, dos labores de documentación e fixación, etc.

O encontro, de entrada libre ata completar a capacidade do auditorio, desenvolverase no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra (rúa Padre Amoedo Carballo, 3).

PROGRAMA

10:00 h – Inauguración

Experiencias de recolleita de microtoponimia

10:15 – 10:45 h: Recoller talasonimia en Baiona (Xosé Lois Vilar)

10:45 – 11:15 h: Recoller con comunidades de montes (Anxo Rodríguez)

11:15 – 11:45 h: Recoller na zona urbana de Vigo (Iván Sestay)

11:45 – 12:15 h: Recoller e xeorreferenciar a toponimia de Pontevedra (María Abelleira)

12:15 – 12:30 h Pausa café

Toponimia e didáctica

12:30 –13:00 h: Vedra medr@: unha aposta pola toponimia como eixe de dinamización lingüística e cultural nun centro educativo do rural galego (Xulia Marqués)

13:00 – 13:30 h: Luces e sombras do Proxecto Toponimia do IES Félix Muriel de Rianxo (Valentina Formoso)

13:30 – 14:00 h: Experiencia de recollida selectiva con alumnos de Silleda (Xoán Carlos García Porral)

14:00 –16:30 h Pausa xantar

Toponimia e documentación

16:30 – 17:30 h: Como detectar topónimos galegos en fontes documentais latinas, galegas ou castelás (Gonzalo Navaza e Luz Méndez)

Nova aplicación unificadora da recolleita xeorreferenciada

17:30 – 18:30 h: Deseño e rendibilidade da nova aplicación colaborativa para a recolleita unificada, xeorreferrenciación e difusión global da microtoponimia galega (Vicente Feijoo)

Historia do Nomenclátor de Galicia e do inicio do PTG

18:30 – 19:00 h: Historia da elaboración do Nomenclátor do 2003 e posta en marcha do PTG (Xermán García Cancela)

Nomenclátor de Galicia. Proceso e criterios de revisión

19:00 – 20:00 h: Proceso, criterios e visibilidade da actual revisión do Nomenclátor (Antón Santamarina)

20:00 h Clausura

Alén disto, habilitarase un espazo expositivo onde se convida a todos os participantes a amosar os seus materiais toponímicos.

Máis información e programa en .pdf, aquí.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio