OBXECTIVOS XERAIS DA XORNADA
Con esta xornada preténdese transmitir dun xeito moi breve, claro e sinxelo a evolución e situación sociolingüística actual e difundir os dereitos e deberes lingüísticos que nos asisten sectorialmente, así como arrombar cos tópicos que están servindo de escusa para reducir a presenza pública galego
- Sobre sociolingüística e planificación: Preténdense dar a coñecer neste apartado as liñas mestras da situación sociolingüística actual, as razóns da súa evolución e as estratexias que se pretenden para mudar a tendencia apuntada nos últimos anos. Quérese tamén enxergar a situación da lingua na realidade social, como marco de partida para comprendérmonos a falacia argumental dos siloxismos de quen pretenden reducir a presenza social do galego
- Sobre dereitos lingüísticos: Procurarase, dun xeito áxil e comprensíbel, transmitir cal é o estatus legal do galego, fundamentalmente nos eidos constitucional, da función pública e do ensino, así como demostrar as falacias nas que se asentan os razoamentos detractores do fomento do galego. Farase isto dende a perspectiva de todas as situacións sociais posíbeis e así fornecer de argumentos o debate social sobre a presenza do galego en todos os foros públicos, combatendo posicións antigalegas dende as súas propias estruturas dialécticas, para contraargumentar eficazmente os discursos negativos
PERSOAS DESTINATARIAS E PARTICIPACIÓN
Poden participar nesta xornada todas aquelas persoas que o desexen, de balde e sen inscrición previa
PROGRAMA DA XORNADA
17.15 h. Recepción e entrega de documentación
17.30 h. SOBRE SOCIOLINGÜÍSTICA E PLANIFICACIÓN
- Evolución dos datos sociolingüísticos en Galiza. Claves interpretativas da situación actual
Goretti Sanmartín Rei
Xefa do Servizo de Normalización Lingüística e profesora titular de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña - As políticas de planificación lingüística como resposta ás tendencias desgaleguizadoras da sociedade
Mª do Pilar García Negro
Profesora titular de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña
18.30 h. Debate e pausa
19.00 h. SOBRE DEREITOS LINGÜÍSTICOS
- Aspectos constitucionais do estatuto xurídico do galego. Realidade xurídica, mitos e propostas públicas de dubidosa legalidade
Luís Villares Naveira
Xuíz titular do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución da Fonsagrada - Estatuto xurídico do galego na función pública. Notas para o exercicio dos dereitos lingüísticos fronte e dende as administracións públicas
Xabier Antonio Ferreira Fernández
Profesor titular de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela - Estatuto xurídico do galego no ensino non universitario. Argumentos para o debate social dende a perspectiva do estudantado, as familias e a comunidade educativa
Alba Nogueira López
Profesora titular de Dereito Administrativo na Universidade de Santiago de Compostela
20.15 horas. Debate e peche da xornada ás 20.45 h
LUGAR
Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche (Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo. Santiago de Compostela)
[PODES DESCARGAR AQUÍ A INFORMACIÓN COMPLETA EN .PDF]
PROMOVE
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua
COLABORA
A Mesa pola Normalización Lingüística