Xornada de análise e avaliación dos Celga. 28 de xuño en Santiago

A CTNL organiza unha Xornada de análise e avaliación dos Celga, co obxectivo de analizar o sistema de formación e de acreditación e de facer unha proposta de mellora. Terá lugar o 28 de xuño na Facultade de Comunicación de Santiago de Compostela e o prazo de inscrición está aberto

Listaxe de persoas participantes na xornada (.pdf) >

Convocatoria completa e programa en .pdf >

Obxectivos xerais

-Analizar e avaliar o sistema de acreditación do coñecemento de galego.

-Analizar e avaliar o sistema de formación en lingua para persoas adultas.

-Facer unha proposta de mellora tanto do sistema de acreditación como do sistema de formación en lingua galega.

Contidos que se tratarán

-Análise e avaliación xeral da implantación dos Celga dentro do proceso de normalización lingüística: a capacitación real da cidadanía e do persoal da administración e os requisitos en procesos selectivos, listaxes de contratación, etc.

-Análise e avaliación do sistema de acreditación dos Celga: as validacións e o modelo de acreditación.

-Análise e avaliación dos cursos de formación preparatorios: organización e xestión, metodoloxías e contidos, profesorado, selección de persoal e condicións laborais, etc.

-Proposta xeral de mellora do sistema.

Persoas destinatarias

-Profesorado colaborador de cursos Celga.

-Avaliadores/as das probas Celga.

-Técnicos/as de normalización lingüística.

-Responsábeis de entidades relacionadas coa lingua.

-Persoas interesadas en xeral.

Lugar

-Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela [Localización]

Dinámica da xornada

-A idea é que esta xornada sirva para analizar e avaliar tanto o sistema de acreditación do coñecemento do galego e a súa implantación, como o sistema de formación en lingua para persoas adultas e, a partir de aí, facer unha proposta de mellora. Para iso, na xornada haberá diversos relatorios e mesas de traballo sobre aspectos concretos do sistema e espazos para o debate. Partirase dun documento base de análise e proposta que será discutido, completado, etc. Este borrador-proposta de documento seralles remitido ás persoas anotadas uns días antes da xornada.

Inscrición

-A inscrición é de balde, e debe facerse a través do formulario que está ao final desta información.

-O número de prazas está limitado a 200, que se adxudicarán por orde de inscrición, dándolles preferencia, en todo caso, ás/aos socias/os da CTNL.

-O prazo de inscrición remata o 23 de xuño, e a listaxe de persoas admitidas publicarase no web da CTNL o día 25 de xuño.

PROGRAMA

Convocatoria completa e programa en .pdf >

10.00 h Benvida

10.15 h O sistema Celga

-Xaquín Núñez (Colaborador da Secretaría Xeral de Política Lingüística para os Celga e profesor da Universidade do Minho)

11.00 h Presentación do documento de partida da proposta da CTNL para mellorar o sistema Celga

-David Cobas (Representante da CTNL)

-Nel Vidal (Representante da CTNL)

12.00 h Pausa

12.30 h Análise e avaliación do sistema de acreditación dos Celga: adaptación do antigo sistema ao novo, o axuste dos distintos niveis ao MCERL

-Manuel N. Singala (Técnico de normalización lingüística da USC)

13.00 h Análise e avaliación dos cursos de formación preparatorios: planificación, organización e xestión

-Rosa Moreiras (Técnica de normalización lingüística do Concello de Ames)

-Roberto Rielo (Técnico de normalización lingüística do Concello de Teo)

13.30 h Debate

14.00 h Xantar

16.30 h Análise e avaliación dos cursos de formación preparatorios: enfoque, metodoloxía, materiais e contidos

-Regina Díaz (Profesora colaboradora Celga)

-María López (Profesora colaboradora Celga)

-Anxo Otero (Profesor colaborador Celga)

17.00 h Debate

17.30 h Análise e avaliación da calidade docente nos cursos de formación preparatorios: situación profesional do profesorado e listaxes de contratación

-Carmen Pereiro (Profesora colaboradora da SXPL)

-Gabriel Gómez (Profesor colaborador da SXPL)

-César Caramés (Profesor colaborador da SXPL)

18.00 h Debate

18.30 h Pausa

19.00 h Análise das probas de avaliación dos Celga: criterios de avaliación e tipoloxía das probas

-Esperanza Moreiras (Profesora de galego na Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela)

-Ana García (Avaliadora Celga)

-Irene Bravo (Avaliadora Celga)

19.30 h Debate

20.00 h Conclusións xerais e pecha da xornada

Convocatoria completa e programa en .pdf >

Listaxe de persoas participantes na xornada (.pdf) >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio