Xornada Aquí medra a lingua. Experiencias de dinamización do galego no ensino

O Consello da Cultura Galega organiza na tarde do 13 de xuño, a xornada "Aquí medra a lingua. Experiencias de dinamización do galego no ensino", para presentar un documental sobre proxectos de dinamización lingüística de centros escolares de Galicia e reflexionar sobre prácticas, metodoloxías e formas de avanzar na normalización lingüística desde o ensino.

O luns 13 de xuño, en sesión de tarde, o Consello da Cultura Galega organiza a xornada Aquí medra a lingua. Experiencias de dinamización do galego no ensino, con dous obxectivos:

– Presentar o documental producido a partir da serie de audiovisuais co mesmo nome sobre seis proxectos de centros escolares de Galicia

– Reflexionar sobre prácticas, metodoloxías e formas de avanzar na normalización lingüística desde o ámbito educativo.

A inscrición para a xornada, que é gratuíta, xa está aberta e as prazas son limitadas.

Programa da xornada

17:00 horas: presentación

Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega

Carmen García Mateo, coordinadora da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do CCG

Cristina de la Torre, realizadora audiovisual

17:15 horas: A normalización lingüística nos centros de ensino

Pilar Ponte, profesora e experta en dinamización lingüística

17:45 horas: proxección do documental Aquí medra a lingua

18:15 horas: coloquio con integrantes da comunidade educativa dos centros participantes

Modera: Esther Estévez, xornalista

Sara Varela, profesora do CRA Nosa Señora do Faro, Ponteceso

Sonia Lamas, ANPA do CEIP Barouta, Ames

Belén Escariz, directora do CEIP Quintela, Moaña

Alejandro Fernández, exalumno do CPI Virxe da Saleta, Cea

Miruca Parga, profesora do IES Perdouro, Burela

Sofía Rama, profesora do IES Félix Muriel, Rianxo

19:30 horas: peche da xornada

Inscrición e máis información aquí.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio