Xogando coa lingua e Festa da palabra en Redondela

O Servizo de Normalización Lingüística de Redondela desenvolve en abril diversas actividades de dinamización lingüística dirixidas aos/ás máis novos/as: Xogando coa lingua, para as vacacións de Semana Santa, e a III Semana do Libro: a Festa da Palabra

Os nenos e as nenas de 4 a 12 anos de Redondela poderán asistir aos obradoiros Xogando coa Lingua, organizados pola Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade en colaboración coa de Normalización Lingüística, que terán lugar os días 18, 19 e 20 de abril.

O obxectivo desta actividade é favorecer a conciliación da vida laboral das familias durante os períodos de vacacións do curso escolar e, ao mesmo tempo, aproveitar para dinamizar e enriquecer o lecer dos cativos e cativas con recursos en lingua galega.

Por outra banda, o SNL e mais as Bibliotecas públicas do municipio organizan, por terceiro ano consecutivo, a Semana do libro, a festa das palabras.

Esta actividade, que se desenvolve do 11 ao 29 de abril, inclúe a visita da biblio-caravana aos centros de ensino, exposición nas alamedas de Chapela e Redondela, unha charla, etc.

Toda a información no blog do SNL de Redondela >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio