XIX Encontros para a Normalización Lingüística. Dereitos lingüísticos, unha garantía pendente?

En menos dun mes, á volta da Semana Santa, chega a nosa cita anual cos Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG) coa colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL). Serán en Santiago de Compostela, no Pazo de Raxoi, o xoves 20 e o venres 21 de abril.

O eixo temático desta edición centrarase nos dereitos lingüísticos, tentando animar á reflexión sobre a garantía do seu exercicio e da súa aplicación. A maiores, os Encontros volverán destinar este ano un espazo propio á presentación e difusión de iniciativas e experiencias normalizadoras, tanto no programa presencial (Crear contextos) coma na Artesa 2017, a mostra de recursos.

Alén disto, tamén haberá un grupo de Facebook, que permitirá compartir información e iniciar o debate antes das sesións presenciais. Animámosvos a unirvos ao grupo e participar nos debates, propor ideas, dúbidas, etc.

Datas: 20 e 21 de abril de 2017

Lugar: Sede do Consello da Cultura Galega, Pazo da Raxoi, praza do Obradoiro, Santiago de Compostela

Inscrición: gratuíta a través do formulario desta páxina. O número de prazas está limitado a 100, que se cubrirán por orde de inscrición.

PROGRAMA

XOVES 20 DE ABRIL

Sesión da tarde

16:00 horas. Inauguración

16:15 horas

DEREITOS LINGÜÍSTICOS

Presenta: Gregorio Ferreiro

O Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos. Exemplo de empoderamento da sociedade civil

Paul Bilbao. Kontseilua

A liña do galego: presentación do informe 2017

Marcos Maceira. A Mesa pola Normalización Lingüística

Coloquio

17:45 horas. Pausa – Presentación da Artesa 2017

18:15 horas

ÁMBITO DA ADMINISTRACIÓN

Presenta: Anxos Sobriño

A normalización lingüística como competencia municipal

Xesús Costas Abreu. Concello de Vigo

Coloquio

19:00 horas

Recentralización de servizos á cidadanía e lingua

Presenta: Concepción Cochón

Interveñen:

Alicia Paula Otero González. Concello de Pontevedra

Margarita Parajó Calvo e María del Carmen Pazos Area. Concello de Vigo

Coloquio

20:00 horas. Peche da sesión

VENRES 21 DE ABRIL

Sesión da mañá

10:00 horas

ÁMBITO DO ENSINO

Presenta: Valentina Formoso

Os dereitos lingüísticos como principio de atención á diversidade

Mª Montserrat Castro Rodríguez. Facultade de Ciencias da Educación da UDC

Coloquio

11:00 horas

Coloquio sobre formación profesional: experiencias educativas e mercado laboral

Presenta: Valentina Formoso

Interveñen:

María Carmen Teijido López. Ámbito socio-sanitario

Carlos Blanco Arca. Ámbito da electricidade e a electrónica

Manel Oliveira Ozores. Ámbito da hostalaría e turismo

Marina Quelle Cuadrado. Formación e orientación laboral

12:15 horas. Pausa – Presentación da Artesa 2017

12:45 horas

CREAR CONTEXTOS

O potencial da expresión dramática na normalización lingüística

Presenta: Manuel Bermúdez

Rosalía Fernández Rial. Doutora en didáctica das linguas

Coloquio

13:45 horas. Peche da sesión da mañá

Sesión da tarde

16:00 horas

CON-TEXTOS. Obradoiros simultáneos

Biblioteca: Versos que desatan a lingua. Obradoiro de intervención poética, con Carlos Negro

Salón de actos: Aulas sen paredes, con Rosalía Fernández Rial

17:15 horas. Pausa – Presentación da Artesa 2017

17:45 horas

ÁMBITO DA SANIDADE

Presenta: Marta Souto

Da saúde da lingua á lingua na sanidade

Marta Mariño Martínez. Hospital Álvaro Cunqueiro

Álvaro Lamas Baños. Centro de Saúde de Matamá

Coloquio

18:45 horas

CON-TEXTOS: Música de trasfondo, con Xurxo Fernandes e Pedro Lamas

19:30 horas. Conclusións e clausura

Programa en .pdf e máis información no web do CDSG.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio