#XIVEncontros: audios das intervencións e seguimento en Twitter

Non participaches nos XIV Encontros para a Normalización Lingüística? Perdeches algún dos debates ou relatorios? Gustaríache escoitalo de novo? Queres saber o seguimento que tiveron en Twitter? Pois entra aquí...

A Mediateca do Consello da Cultura Galega irá subindo audios e imaxes das distintas intervencións dos XIV Encontros para a Normalización Lingüística, que tiveron lugar os días 8 e 9 de marzo na Cidade da Cultura… Audios e imaxes dalgunhas das intervencións na mediateca do CCG >

Aí, ademais dos audios e imaxes, podes ver o currículo de todas as persoas que interviñeron e mais un resumo en texto da súa intervención.

Seguimento a través de Twitter

Ademais, durante os dous días, os Encontros tiveron unha ampla cobertura na rede social Twitter, a través do hashtag #XIVEncontros. Algunhas das usuarias que fixeron algún tipo de seguimento das distintas intervencións foron @socogconde, @rosamoreiras, @nasas09, @RosaAneiros, @xandreroman ou @CGENDL

@socogconde Unha das razóns de que a mocidade non fale galego é que non ten con quen #XIVEncontros

@nasas09 “Os SNL dben reivindicar aqlas actividades que fan habitualmente” Celso #XIVEncontros Eu recordo na cabeza o acto de @RecortesenAmes

@CGENDL Dioivo, Praza e Sermos Galiza toman o Gaiás cos #XIVencontros para a Normalización Lingüística http://ir.gl/24c9

@xandreroman “O fito da mobilización xuvenil galego máis masivo non foi o 15M, foi a manifestación do 21X contra o decreto.” #XIVencontros


E moito máis… Podes consultar o seguimento completo do hashtag #XIVEncontros aquí >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio