XIV Encontros para a normalización lingüística. 8 e 9 de marzo na Cidade da Cultura

Os XIV Encontros para a normalización lingüística terán lugar os días 8 e 9 de marzo na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, e centrarán boa parte da súa atención na mocidade. O prazo de preinscrición está aberto até o 23 de febreiro

-DÍAS: xoves 8 e venres 9 de marzo de 2012

-LUGAR: Cidade da Cultura de Santiago de Compostela

-PREINSCRICIÓN: do 3 ao 23 de febreiro (a cota de inscrición é de 10 euros. Para estudantes e licenciados/as en paro: 5 €. Para os socios e as socias da CTNL e da CENDL é de balde). A preinscrición pode facerse aquí. Hai un límite de 120 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición, mais tendo preferencia, en todo caso, os/as socios/as da CTNL e da CENDL

-LISTAXE DE ADMISIÓN: 24 de febreiro

PROGRAMA

XOVES 8 DE MARZO

9.30 ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN

10.00 INAUGURACIÓN DOS ENCONTROS

10.15 RELATORIO: Os cambios de lingua: contextos e motivacións.

11.40 PAUSA

12.10 MESA DE TRABALLO: Experiencias educativas de intervención nos usos lingüísticos da mocidade.

13.30 PRESENTACIÓN: Fraseoloxía visual.

14.00 XANTAR

16.30 DEBATE: Claves de conexión coa mocidade.

17.30 PAUSA

18.00 COLOQUIO: Propostas de interacción coa xuventude no ámbito do lecer e do tempo libre

19.00 COLOQUIO: Outros espazos para comunicar coa mocidade

VENRES 9

10.30 RELATORIO: Movementos sociais emerxentes: a mobilización xuvenil.

12.00 PAUSA

12.30 PRESENTACIÓN: Novos medios de comunicación.

– Praza Pública

– Sermos Galiza

– Dioivo

13.15 RELATORIO: Mocidade, linguas e redes sociais.

14.00 XANTAR

16.30 DEBATE: O traballo xusto e ilusionante dos SNL.

17.45 PAUSA

18.15 DEBATE: Como mellorar o labor normalizador dos ENDL.

19.30 CLAUSURA DOS ENCONTROS

ORGANIZA: Centro de Documentación Sociolingüística (CDSG) do Consello da Cultura Galega

COLABORAN: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) e Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua (CGENDL)

Información completa e inscrición >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio