PROGRAMA
VENRES 16 DE NOVEMBRO
16.30 h – 17.00 h Recepción e entrega de material
De 17.00 a 18.30: PARA QUE SERVEN AS IMAXES?, Eva Mejuto, OQO Editora
De 18.30 h a 20.00 h: O berro de Lord Byron (poesía e sonoridade) Carlos Negro Romero, docente no C.P.I. Eusebio Lorenzo Baleirón e escritor.
SÁBADO 17 DE NOVEMBRO
De 10.00 h a 11.45 h: EN GALEGO, TODO VAI RODADO, Anxo Gómez Sánchez, docente no CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral
De 12.00 h a 14.00 h: Expresión audiovisual dos nativos dixitais, Manuel González Álvarez, profesor no IES Concepción Arenal de Ferrol, guionista e investigador cinematográfico.
De 16.00 h a 17.30 h: Os proxectos Ponte na fala e Canto Conto,XoséAntonio Formoso Lado, filólogo, integrante do proxecto Fabaloba
De 17.30 h a 19.00 h: Canto conto! Raúl Piñeiro Fernández, filólogo, animador sociocultural e dinamizador.
Como peche da sesión Raúl Piñeiro presentará o seu último traballo de narración oral: Os graxos da Burga.
19.00 h: Clausura
Solicitada a homologación por 10 h lectivas.
A matrícula é gratuíta, realizarase a través da web da as-pg na web: www.as-pg.com, no apartado de Formación.
O número de prazas é limitado e cubrirase por rigorosa orde de inscrición tendo en conta que hai unha reserva máxima dun 30% para aquelas persoa que nunca traballasen como docentes para a Consellaría de Educación.
XIII CONCURSO DE RELATO ORAL: TÍRALLE DA LINGUA
Bases do concurso
1ª As historias poderán ser de base popular, de base literaria ou creación propia.
2ª As historias contaranse en galego.
3ª Nas historias valorarase a calidade lingüística e o seu carácter construtivo e pedagóxico (linguaxe non discriminatoria, linguaxe non sexista…)
4ª Os/as participantes concursarán individualmente ou en grupo, pero sempre respectando o tempo máximo por actuación que será de 5 minutos. A superación dese tempo pode supor a descualificación. Poderán participar cun máximo dunha historia.
5ª O concurso vai destinado a tres niveis académicos.
1) Primaria.
2) 1º Ciclo de ESO.
3) 2º Ciclo de ESO e ensino postobrigatorio.
6ª O concurso farase en dúas fases con carácter selectivo:
1) A nivel centro de ensino.
2) A nivel nacional.
7ª Na primeira fase será o propio centro o que determine e s e responsabilice dos posíbeis premios aos concursantes. O número de concursantes que pasarán da primeira á segunda fase determinarase en función da participación, o que se comunicará aos centros.
8ª A formalización da inscrición no concurso por parte dos centros realizarase antes do día 5 de abril enviando un e-mail a: informacion@as-pg.com, recibirán confirmación da inscrición e dos datos que deben completar.
9ª A fase final celebrarase a primeiros de maio en Santiago, en dous grupos diferentes: un para primaria e primeiro ciclo de secundaria e outro para segundo ciclo de secundaria e ensino postobrigatorio.
10ª Na fase final concederase un primeiro premio por nivel cun valor de 250 euros e un segundo, se o xurado así o estima por valor de 150 euros. Os centros de ensino dos participantes gañadores recibirán un premio do mesmo importe.
11ª O xurado estará composto por tres persoas alleas aos centros participantes con experiencia nestas actividades, actuando de secretario/a un representante de Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
12ª O xurado emitirá o ditame o mesmo día da celebración do concurso.
13ª A participación no concurso supón a aceitación íntegra das presentes bases.
XIII Xornadas de expresión oral Tíralle da lingua. 16 e 17 de novembro en Compostela
A tarde do venres 16 e o sábado 17 todo o día, o IES As Fontiñas de Compostela acolle as XIII Xornadas de expresión oral Tíralle da lingua, organizadas pola AS-PG. Para que serven as imaxes, poesía e sonoridade, en galego todo vai rodado, expresión audiovisual, ponte na fala ou canto conto son algúns dos contidos que se tratan