XIII Xornada “Os recursos educativos en galego”: igualdade e xénero

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación da USC organiza a XIII Xornada “Os recursos educativos en galego”, que estará dedicada á igualdade e ao xénero. As sesións terán lugar o 25 de novembro de 2020, en horario de 16:00 a 19:30 horas, mediante videoconferencia a través de Lifesize. Inscricións: até o 19 de novembro.



A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación organiza a XIII Xornada “Os recursos educativos en galego”, desta volta dedicada á cuestión da igualdade e o xénero.

Terá lugar o 25 de novembro de 2020 mediante videoconferencia a través de Lifesize, co obxectivo principal de crear un espazo para o debate e a reflexión ao redor dos recursos educativos en lingua galega, e máis concretamente:

– Coñecer os recursos educativos existentes en lingua galega para a educación sobre xénero e igualdade.

– Definir estratexias e criterios para buscalos e escolmalos.

– Promover a creación de recursos educativos e materiais didácticos propios adaptados ás necesidades contextuais e lingüísticas de Galicia.

– Impulsar a difusión de experiencias educativas centradas na utilización e elaboración de recursos didácticos en lingua galega

Esta xornada está dirixida ao alumnado, PDI e PAS das universidades galegas interesado en coñecer estratexias que axuden a mellorar o uso e coñecemento dos recursos didácticos en galego relacionados coa cuestión da igualdade e o xénero, así como profesionais interesados/as.

PROGRAMA

– 16:00: acto inaugural

– 16:30: Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia, Montserrat Pena Presas

– 17:30: Apoio LGTBI e normalización no IES As Barxas. Un proxecto transversal, Denís Vicente

– 18:00: pausa

– 18:15: O dereito á coeducación (monográfico núm. 75 da Revista Galega de Educación), Sonia Fernández Casal

– 18:45: Papá, por que non pintas as unllas de cores? Educando (construíndo) masculinidades disidentes, Jorge García Marín

– 19:15: conclusións e clausura

Inscricións

A inscrición é gratuíta e está aberta até o 19 de novembro de 2020.

Máis información sobre a xornada e o programa na Área de Dinamización da USC.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio