Esta XIII edición dos Encontros vai enfocar a súa atención na lingua como elemento de cohesión social, nas actitudes da cidadanía e na política lingüística municipal.
DATAS
28 e 29 de abril de 2011
LUGAR
Facultade de Ciencias da Comunicación. Santiago de Compostela
INSCRICIÓN
-Prazo de preinscrición: até o 28 de marzo
-Listaxe de admitidos/as: 31 de marzo
-Prazo de matrícula: do 1 ao 10 de abril
-Cota de inscrición: normal 10 euros; estudantes e licenciados/as en paro 5 €.
Para os/as socios/as da CTNL a inscrición é de balde.
Formulario de inscrición >
-O pagamento farase efectivo unha vez confirmada a admisión mediante unha transferencia bancaria á conta: Nova Caixa Galicia 2091-0300-47-3110063172.
PROGRAMA
Descarga aquí o programa completo en .pdf >
Xoves 28 de abril
9.30 h ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN
10.00 h INAUGURACIÓN DOS ENCONTROS
10.15 h RELATORIO: A lingua e a cohesión social. SANTIAGO PRADO
11.30 h PROXECTA: Xenéricos en monodoses. MANUEL N. SINGALA E MANUEL BERMÚDEZ
11.45 h PAUSA
12.30 h RELATORIO: Actitudes lingüísticas en Galicia: unha aproximación
cuantitativa. CARLOS NEIRA
16.30 h PRESENTACIÓN: Estratexias colaborativas para a difusión dos
recursos da planificación lingüística
-ÁNGEL GARCÍA VIDAL: Límites legais e rendemento das licenzas compartidas
-SUSANA GUITAR E SUSANA MAYO: A difusión documental nos espazos virtuais: Documentación Especial en Liña e Delingua
17.45 h PROXECTA: videoxogo Viaxe ás Covas do Folón. MARTA SOUTO
18.00 h PAUSA
18.45 h MESA DE DEBATE: A experiencia neofalante: como achegar a mocidade ao galego? TAGEN ATA, XURXO SOUTO E XURXO MARTÍNEZ, MODERADOS POR XANDRE VÁZQUEZ
Venres 29 de abril
10.00 h RELATORIO: A promoción do galego como política pública. XOSÉ LUÍS BARREIRO RIVAS,
11.15 h PROXECTA: Historia gráfica da normalización lingüística. ROSARIO PÉREZ
11.30 h PAUSA
12.15 h INFORME: Análise da acción política no ámbito municipal. COMISIÓN TÉCNICA DO CDSG
16.00 h MESA REDONDA: Que facer desde os concellos para a promoción do galego? REPRESENTANTES DO PARTIDO POPULAR, PARTIDO SOCIALISTA E BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, MODERADOS POR BELÉN REGUEIRA
17.15 h PROXECTA: Linguagalega.tv. XAN LEIRA
17.30 h PAUSA
18.00 h MESA DE TRABALLO: O galego na Administración de Xustiza. ANA LÓPEZ-SUEVOS, MARTÍN RAMOS E PATRICIA LÓPEZ, MODERADOS POR ANXOS SOBRIÑO
19.15 h ACTIVIDADE LÚDICA: A xeito de conclusións. BRAIS FERNÁNDEZ
20.00 CLAUSURA DOS ENCONTROS
ORGANIZA
-Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG), do Consello da Cultura Galega
COLABORAN
-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
-Secretaría Xeral de Política Lingüística
XIII Encontros para a normalización lingüística. 28 e 29 de abril
O Consello da Cultura Galega, a través do CDSG e en colaboración coa CTNL e a SXPL, convoca os XIII Encontros para a normalización lingüística, que terán lugar en Santiago de Compostela os días 28 e 29 de abril de 2011. O prazo de preinscrición está aberto até o 28 de marzo