XIII Curso de verán de dinamización lingüística: traballando en lingua na música
O Curso de verán sobre dinamización lingüística #traballandoenlingua da UdC centrará este ano o seu programa na música. Terá lugar os días 19 e 20 de xullo no Fórum Carballo. Prazo de inscrición ampliado até o 16 de xullo.
O Curso de verán sobre dinamización lingüística #traballandoenlingua chega neste 2017 á súa décimo terceira edición. É un encontro anual estabilizado onde se fan análises, debates, reflexións e propostas prácticas de cara á mellora do proceso de normalización da lingua galega, traballando o discurso, os argumentos, as accións, a creatividade, a implicación, os métodos, etc. Está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña coa colaboración do Concello de Carballo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a CTNL.
A edición deste ano centrarase nun sector singularmente representativo para o futuro do idioma: o da música. Así, o programa inclúe sesións para analizarmos a situación do galego no ámbito do tecido musical, os motivos desa situación e os factores e condicionantes que a provocan e que poden ser claves para a melloraren. Tamén se darán a coñecer e serán avaliadas experiencias positivas relativamente ao uso da lingua galega ou que procuran o emprego dela nas actuacións, nas relacións entre a xente do sector, nos produtos, na publicidade. Finalmente, proporanse medidas de intervención que procuren aprimorar a utilización e o prestixio do galego nestes ámbitos.
OBXECTIVOS
– Analizar a situación da lingua galega no sector musical, os seus motivos e os factores e condicionantes que a provocan e que poden ser claves para a melloraren.
– Dar a coñecer e avaliar experiencias positivas en tal ámbito.
– Propor medidas de forma a melloraren o uso e o prestixio da lingua galega nese campo.
– Reflectir en como pode a música en galego contribuír para o proceso de Normalización lingüística.
LUGAR E DATAS
O curso terá lugar no Fórum Carballo, rúa do Xílgaro, s/n, A Milagrosa, Carballo (localización en Google Maps) os días 19 e 20 de xullo de 2017.
MATRÍCULA
O prazo de matrícula neste curso está aberto até o 16 de xullo de 2017, e o número de prazas está limitado a 65 persoas, que se cubrirán por orde de inscrición.
Os socios e as socias da CTNL poderán beneficiarse do prezo reducido de matrícula: 30 euros.
PROGRAMA
Cuarta feira 19 de xullo
9.30-10.00: recepción e entrega de documentación
10.00-10.30: inauguración
10.30-11.30: “A creación musical en linguas minoritarias e minorizadas”, relatorio de María Xosé Silvar “SES”
11.30-12.00: café conxunto
12.00-13.00: “Aproximación ao léxico dos instrumentos tradicionais galegos”, relatorio de Pablo Carpintero
13.00-14.30: “A asunción do galego máis aló da música”, mesa redonda con Mini, Mero e Pilocha
14.30: xantar conxunto
16.30-17.30: “Como mellorarmos a lingua a través do cancioneiro tradicional”, relatorio de Xosé Manuel Sánchez Rei
17.30-18.45: “A xestión e a produción da música en galego desde o sector empresarial” mesa redonda con Arturo Baquero, Eloi Caldeiro, Patricia Hermida e Segundo Grandío
18.45-19.00: descanso
19.20.30: obradoiro de regueifa con Moncho do Orzán
Quinta feira 20 de xullo
10.00-11.00: “Aproximación a unha historia do rock en galego”, relatorio de Xurxo Souto
11.00-12.00: “Lingua e música para as xeracións máis novas. A proposta do concurso Quero cantar“, relatorio de Goretti Sanmartín Rei
12.00-12.30: café conxunto
12.30-14.00: “Cantar en galego e cantar en feminino: a importancia da voz da muller na música galega”, mesa redonda con Rosa Cedrón, Sonia Lebedynski, Ugia Pedreira e M.J. Pérez
14.30: xantar conxunto
16.30-17.30: “A recollida de poesía e música oral en galego na actualidade”, relatorio de Olga Kirk e Pablo Díaz
17.30-18.30: “Literatura, lingua e música”, relatorio de César Carlos Morán Fraga
18.30-19.00: descanso
19.00-20.30: obradoiro de cantos de taberna con Ricardo Seixo
Máis información e programa completo aquí.