XII Xornada Científica Realiter: Terminoloxía e Normalización, en Santiago de Compostela o 9 e o 10 de xuño de 2016

A Rede Panlatina de Terminoloxía vai desenvolver a XII edición da súa Xornada Científica en Santiago de Compostela os días 9 e 10 de xuño de 2016, dedicada a “Terminoloxía e Normalización”.

A XII Xornada Científica Realiter dedicarase nesta ocasión ao tema “Terminoloxía e Normalización”. Normalización entendida nos dous sentidos que esta palabra posúe en varias linguas románicas: por un lado, a extensión do uso da lingua naqueles contextos en que se considere preciso e, polo outro, a estandarización do corpus das linguas de especialidade.

Para esta XII Xornada Científica, a Rede Panlatina de Terminoloxía (Realiter) fai unha chamada á presentación de traballos relacionados cos temas seguintes:

– O lugar da terminoloxía nas diversas políticas lingüísticas

– A contribución da terminoloxía ao sostemento da diversidade lingüística

– A implantación da terminoloxía: políticas, experiencias, resultados

– Terminoloxía e estandarización

– A estandarización e a variación terminolóxica

– Procedementos de estandarización

Os resumos dos relatorios (non máis de 400 palabras) deben enviarse en formato .pdf ou .doc ao enderezo realiter@unicatt.it antes do 1 de abril de 2016.

Máis información no web de Realiter.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio