Esta XII edición destes Encontros vai focar a súa atención na acción da cidadanía nas súas diversas expresións organizadas e en aspectos sociais nun senso amplo, sen esquecer a liña que se vén seguindo nos Encontros de seguimento de iniciativas e propostas e de revisión de accións xa realizadas.
Información completa dos XII Encontros para a normalización lingüistica
OBXECTIVOS
- Contribuír ao estudo, a reflexión e o debate sobre a planificación lingüística en Galiza
- Constituír un punto de encontro, análise e debate para todos/as aqueles/as profesionais que desenvolven o seu labor nos diferentes servizos de normalización lingüística en Galiza
- Colaborar na formación continua de especialistas en planificación lingüística
PERSOAS DESTINATARIAS
- Técnicos/as de normalización lingüística que desenvolven o seu labor nos servizos de normalización lingüística
- Especialistas e estudosos/as do ámbito da planificación lingüística
- Docentes que formen parte dos equipos de dinamización lingüística
DATAS
23 e 24 de setembro de 2010
LUGAR
Facultade de Ciencias da Comunicación. Santiago de Compostela
INSCRICIÓN
A través do seguinte formulario
Do 15 de xuño ao 15 de setembro
PROGRAMA PROVISIONAL
Xoves 23 de setembro
10.00 h INAUGURACIÓN DOS ENCONTROS
10.15 h RELATORIO: A participación social na elaboración das políticas lingüísticas en Galicia
-Xaime Subiela
11.00 h COLOQUIO
11.30 h CAFÉ-ENCONTRO
12.00 h Presentación de PROXECTA: Estudo de actitudes e opinións lingüísticas. Enquisa 2009 do Consello da Cultura Galega
12.30 MESA DE TRABALLO: Redes sociais: novos vieiros de acción colaborativa da cidadanía
– Alba Cid. Investigadora da USC
– María Yáñez. A Navalla Suíza
13.30 h COLOQUIO
16.00 h RELATORIO: Actitudes cidadás e mobilización ante os problemas sociais
-José Manuel Sabucedo. Universidade de Santiago de Compostela
16.45 h COLOQUIO
17.15 h PAUSA
17.45 h Presentación de PROXECTA: Galeoke. O karaoke galego
18.15 h MESA DE TRABALLO: A acción colectiva pola lingua
– Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
– GalegoLab
– Prolingua
– Queremos Galego
19.15 h COLOQUIO
Venres 24 de setembro
10.00 h PRESENTACIÓN: A Rede de dinamización lingüística
-Anxo Lorenzo. Secretaría Xeral de Política Lingüística
10.45 h COLOQUIO
11.15 h CAFÉ-ENCONTRO
11.45 h Presentación de PROXECTA: Toupa.net. Cultura para levar
12.15 h PRESENTACIÓN: Experiencias de intervención no sector comercial
– Beatriz Bascoi. SNL Concello de Ferrol
– Concepción Cochón. SNL Concello de Pontevedra
– Rosa Moreiras. SNL Concello de Ames
13.00 h COLOQUIO
16.00 h RELATORIO: A identidade como reclamo publicitario
– Chechu Pérez e Alberto Dafonte. Creatividade Galega. Universidade de Vigo
16.45 h COLOQUIO
17.15 h PAUSA
17.45 h MESA DE TRABALLO: Mercado e lingua.
– Manuel Bermúdez. SNL da USC [A reclamación individual]
– Malú Bergantiños. R [O idioma como aposta empresarial]
– Iria Taibo. Abertos ao galego
– Foro Enrique Peinador
18.30 h CLAUSURA DOS ENCONTROS
PROXECTA. Mostra de servizos e produtos para a normalización lingüística
Durante os Encontros para a normalización lingüística terá lugar na propia Facultade de Ciencias da Comunicación PROXECTA, unha mostra das entidades que producen, xestionan, promocionan e/ou ofrecen servizos e/ou produtos relacionados coa normalización da lingua galega e que llelos queren achegar a todas as persoas e entidades vinculadas a este ámbito.
A visita a esta feira-mostra é libre e de balde.
En PROXECTA participarán:
-A Mesa pola Normalización Lingüística
-Algueirada. Acción cultural na rede
-Asociación de Medios Escritos en Galego
-Consello da Cultura Galega
-Coordinadora de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística
-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
-Diversos servizos de normalización lingüística (SNL) de diferentes entidades
-Eu falo.tv
-Foro Enrique Peinador
-GalegoLab
-Libraría Pedreira (selección de libros sobre política lingüística)
-Punto.Gal
-Queremos Galego
-Reverso / 2.0 Editora
-Secretaría Xeral de Política Lingüística
-Tagen Ata. Lingua e Comunicación
-Toupa.net. Cultura para levar
ORGANIZA
Consello da Cultura Galega. Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG)
COLABORAN
-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
-Secretaría Xeral de Política Lingüística
Información completa dos XII Encontros para a normalización lingüistica