XI Encontros para a normalización lingüística

Os días 12 e 13 de febreiro terán lugar en Santiago de Compostela os XI Encontros para a normalización lingüística, organizados polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL). O prazo de inscrición para os socios e as socias da CTNL remata o 29 de xaneiro.

[Programa e información completa en .pdf]

[Formulario de inscrición]

PRESENTACIÓN

O Consello da Cultura Galega, desde o seu Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia e en colaboración coa CTNL, organiza a XI edición dos Encontros para a Normalización Lingüística co ánimo de poñer, un ano máis, ao dispor dos/as principais axentes sociais implicados/as na normalización do idioma galego este foro de debate e reflexión arredor do proceso de planificación lingüística en Galiza.

O momento político no que nos atopamos, de final dunha lexislatura e ás portas doutra nova, esixe un alto no camiño, tanto para botar a vista atrás e avaliar a política lingüística desenvolvida polo Goberno galego nestes últimos catro anos como para que agromen novas propostas e ideas que alumeen as accións políticas futuras. A estas cuestións dedicarase a primeira das dúas xornadas, na que tamén se reflexionará sobre a lexislación lingüística de recente aparición, así como sobre o argumentario xurídico que avala a intervención pública en cuestións de idioma no ámbito privado.

A segunda xornada, cun enfoque máis sociolóxico, centrarase nos seguintes temas: as canles de participación social nas políticas lingüísticas institucionais, a integración sociolingüística e cultural dos inmigrantes e emigrantes retornados e a socialización en lingua galega nos centros galegos do exterior. Como novidade, os Encontros pecharanse nesta ocasión cunha sesión lúdica que nos presentará unha visión orixinal do camiño andado e por andar cara á plena normalización social do idioma galego, obxectivo que inspira a organización deste evento desde o seu comezo.

OBXECTIVOS
  • Contribuír ao estudo, á reflexión e ao debate sobre a planificación lingüística en Galiza


  • Constituír un punto de encontro, análise e debate para todos/as aqueles/as profesionais que desenvolven o seu labor nos diferentes servizos de normalización lingüística e servizos lingüísticos existentes en Galiza


  • Colaborar na formación continua de especialistas en planificación lingüística


DESTINATARIOS/AS
  • Técnicos/as de normalización lingüística que están a desenvolver o seu labor nos diferentes servizos de normalización lingüística e servizos lingüísticos existentes en Galiza


  • Especialistas e estudosos/as do ámbito da planificación lingüística


INSCRICIÓN

Os prazos para a preinscrición son os seguintes:
  • 1º prazo: até o 29 de xaneiro de 2009

    Exclusivo para os colectivos con preferencia:

    -Técnicos/as de normalización lingüística en activo que desenvolvan o seu labor nos servizos de normalización lingüística ou existentes en Galiza.

    -Outros/as profesionais do ámbito da planificación e da dinamización lingüística que estean a traballar actualmente no ámbito público ou privado.

    -Socios/as da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), entidade colaboradora na organización.


  • 2º prazo: Desde o 2 ata o 8 de febreiro de 2009.

    Aberto a todas as persoas interesadas.


Unha vez confirmada a inscrición pola organización nos encontros deberá efectuarse o pagamento da matrícula.

A cota é de 10 euros e aboarase mediante transferencia bancaria á conta de Caixa Galicia número 2091-0300-47-3110063172.

Non debe realizarse o pagamento da matrícula ata ter recibido confirmación da inscrición.

A inscrición debe facerse a través do seguinte formulario




PROGRAMA DOS XI ENCONTROS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

XOVES 12 DE FEBREIRO

9.30 h ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN

10.00 h INAUGURACIÓN DOS ENCONTROS

10.30 h RELATORIO: Análise da acción de política lingüística desde o goberno galego nos últimos catro anos e propostas para a vindeira lexislatura

NEL VIDAL BARRAL

Membro da Comisión Técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

11.30 h COLOQUIO

12.00 h CAFÉ-ENCONTRO

12.30 h MESA DE TRABALLO: A necesidade do Consorcio para a Planificación Lingüística

-Por que a figura dun consorcio? Modelo, obxectivos, vantaxes e inconvenientes

LOIS PÉREZ CASTRILLO

Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

-O exemplo do Consorci per a la Normalització Lingüística de Catalunya

PILAR LÓPEZ MARTÍNEZ

Xeranta do Consorci per a la Normalització Lingüística de Catalunya

-A necesidade dun Consorcio para a Planificación Lingüística en Galiza

VALENTÍN GARCÍA GÓMEZ

Membro da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

13.30 h COLOQUIO

16.30 h MESA DE TRABALLO: Posibilidades de cooperación nas políticas lingüísticas da Administración local

-O que a FEGAMP pode facer en política lingüística

CARLOS ANTONIO FERNÁNDEZ CASTRO

Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)

-Cooperación en política lingüística cos concellos desde a Xunta de Galicia

MATILDE BEGOÑA RODRÍGUEZ RUMBO

Directora xeral de Administración Local da Xunta

-Programa de cooperación da Deputación da Coruña cos concellos da provincia

XOÁN MANUEL SANDE MUÑIZ

Deputado responsábel de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña

17.30 h COLOQUIO

18.00 h CAFÉ-ENCONTRO

18.30 h RELATORIO: Novidades en lexislación lingüística. Análise das últimas leis aprobadas

ALBA NOGUEIRA LÓPEZ

Profesora de Dereito da USC

VENRES 13 DE FEBREIRO

10.30 h RELATORIO: Canles de participación social nas políticas lingüísticas institucionais

XABIER MENDIGUREN BEREZIARTU

Secretario xeral de Kontseilua (Consello das Organizacións Sociais do Éuscaro)

11.30 h COLOQUIO

12.00 h CAFÉ-ENCONTRO

12.30 h MESA DE TRABALLO: Socialización en lingua galega nos centros de emigrados no exterior

-Actitudes e competencia lingüística nos centros galegos de América

MANUEL SÚAREZ SUÁREZ

-Recursos e planificación nos centros galegos no exterior

CARLOS SIXIREI PAREDES

Secretaría Xeral de Emigración da Xunta

-Actitudes lingüísticas dos fillos de emigrantes en Europa

ESTHER OLVEIRA OLVEIRA

Universidade de Santiago de Compostela

13.30 h COLOQUIO

16.30 h MESA DE TRABALLO: Inmigración e adquisición da lingua en Galiza

-Características socioeducativas dos colectivos inmigrantes en Galicia

DIANA PRIEGUE CAAMAÑO

Grupo Esculca da USC

-A poboación inmigrante e a súa socialización en galego

JORGE JAVIER BURGOS RIVAS

Cónsul honorario de Uruguai en Vigo

-O Plan Galego de Cidadanía e Convivencia. Aplicación e lingua

JOAN RIBOT MARGARIT

Secretaría Xeral de Emigración da Xunta

17.30 h COLOQUIO

18.00 h CAFÉ-ENCONTRO

18.30 h ACTIVIDADE LÚDICA: Contos que non falten

CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN

19.15 h CLAUSURA DOS ENCONTROS




LUGAR

Salón de actos do Consello da Cultura Galega

Pazo de Raxoi, 2º andar

Santiago de Compostela

[Programa e información completa en .pdf]

[Formulario de inscrición]

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio