XI Concurso de relato oral Tíralle da lingua

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) convoca a XI edición do Concurso de relato oral Tíralle da lingua para promocionar o uso oral do galego entre escolares de Primaria, ESO e Bacharelato. O prazo de inscrición remata o 14 de abril. A fase final terá lugar o 28 de abril en Santiago de Compostela

Bases do XI Concurso de relato oral Tíralle da lingua, convocado pola AS-PG

1. As historias poderán ser de base popular, de base literaria ou creación propia.

2. As historias contaranse en galego.

3. Nas historias valorarase a calidade lingüística e o seu carácter construtivo e pedagóxico (linguaxe non discriminatoria, linguaxe non sexista…).

4. Os/as participantes concursarán individualmente ou en grupo, mais sempre respectando o tempo máximo por actuación, que será de 5 minutos. A superación dese tempo pode supor a descualificación. Poderase participar cun máximo dunha historia.

5. O concurso ten tres categorías:

1) Primaria

2) 1.º Ciclo da ESO

3) 2.º Ciclo da ESO e ensino postobrigatorio

6. O concurso farase en dúas fases con carácter selectivo:

1) A nivel centro de ensino

2) A nivel nacional

7. Na primeira fase será o propio centro o que determine e se responsabilice dos posíbeis premios aos concursantes. O número de concursantes que pasarán da primeira á segunda fase determinaranse en función da participación, o que se comunicará aos centros.

8. A formalización da inscrición no concurso por parte dos centros realizarase antes dos día 14 de abril enviando un correo electrónico a: informacion@as-pg.com. No prazo de tres días recibirán confirmación da inscrición e dos datos que deben completar.

9. A fase final celebrarase o 28 de abril en Santiago de Compostela, no Teatro Principal, en dous grupos diferentes: un para primaria e primeiro ciclo da ESO e outro para o segundo ciclo da ESO e ensino postobrigatorio.

10. Na fase final concederase un primeiro premio por nivel cun valor de 250 euros e un segundo, se o xurado así o considera, por valor de 150 euros. Os centros de ensino dos grupos gañadores recibirán un premio do mesmo importe.

11. O xurado estará composto por tres persoas alleas aos centros participantes con experiencia nestas actividades, e actuará como secretario/a un representante da AS-PG.

12. O xurado emitirá o ditame o mesmo día da celebración do concurso.

13. A participación no concurso supón a aceptación íntegra das presentes bases.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio