Xa se pode descargar en galego a versión 3.0 do OpenOffice.org
Hai unhas semanas, publicouse a versión 3.0 do paquete ofimático OpenOffice.org, o paquete ofimático de sóftware libre máis importante da actualidade, do que xa se pode descargar a versión en galego.
A demanda de descargas da nova publicación en todos os idiomas foi tal que fixo que se caese a páxina de descarga. Este feito provocou que só se puidese descargar o programa nalgúns idiomas. Mais grazas a Mancomún.org, xa se pode descargar dende onte a versión en galego traducida pola comunidade de voluntarios na súa páxina web.