Porque entendemos que neste mes que comeza pode ser bo momento para, con máis vagar, detérmonos en saber o que se está a facer noutros territorios con lingua de seu ou volvermos sobre ese informe ou estudo que no seu momento non puidemos atender como nos gustaría.
En definitiva, 31 días e 31 recursos para demostrar que a lingua non para en agosto e que, aínda que moitos e moitas esteamos de vacacións, en parte seguimos #traballandoenlingua ;-)
Lembra! Na nosa conta en X e no noso Instagram, #veránlingua.