Bases do concurso
1ª As historias poderan ser de base popular, de base literaria ou creación propia.
2ª As historias contaranse en galego.
3ª Nas historias valorarase a calidade lingüística e o seu carácter construtivo e pedagóxico (linguaxe non discriminatoria, linguaxe non sexista…)
4ª Os/as participantes concursarán individualmente ou en grupo, mais sempre respetando o tempo máximo por actuación que será de 5 minutos. A superación dese tempo pode supor a descualificación. Poderán participar cun máximo dunha historia.
5ª O concurso vai destinado a tres niveis académicos.
1) Primaria.
2) 1º Ciclo de ESO.
3) 2º Ciclo de ESO e ensino postobrigatorio.
6ª O concurso farase en dúas fases con carácter selectivo:
1) A nivel centro de ensino.
2) A nivel nacional.
7ª Na primeira fase será o propio centro o que determine e se responsabilice dos posíbeis premios aos concursantes. O número de concursantes que pasarán da primeira á segunda fase determinarase en función da participación, o que se lles comunicará aos centros.
8ª A formalización da inscrición no concurso por parte dos centros realizarase antes do día 16 de abril enviando un e-mail a: informacion@as-pg.com, no prazo de tres días recibirán confirmación da inscrición e dos datos que deben completar.
9ª A fase final celebrarase o 28 de abril en Santiago, no Teatro Principal, en dous grupos diferentes: un para primaria e primeiro ciclo de secundaria e outro para segundo ciclo de secundario e ensino postobrigatorio.
10ª Na fase final concederase un primeiro premiio por nivel cun valor de 250 euros e un segundo, se o xurado así o considera por valor de 150 euros. Os centros de ensino dos participantes gañadores recibirán un premio do mesmo importe.
11ª O xurado estará composto por tres persoas alleas aos centros participantes con experiencia nestas actividades, e actuará de secretario/a un representante de Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG).
12ª O xurado emitirá o ditame o mesmo día da celebración do concurso.
13ª A participación no concurso supón a aceitación íntegra das presentes bases.
Organiza: Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG)
X Concurso de relato oral Tíralle da lingua
Tíralle da lingua é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, cos obxectivos de normalizar o uso oral da nosa lingua, de converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias, etc. A inscrición no concurso está aberta até o 16 de abril e a fase final terá lugar o día 28 de abril en Santiago de Compostela.