CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


1950 votos
Votar | | | |


27-04-2012

Carlos Callón gaña o VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo

Carlos Callón gaña o VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo
O VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2012, dotado con 1.000 euros e a publicación nos once medios de comunicación colaboradores, foi para o artigo «Fai teu o galego», de Carlos Callón


Ao certame presentáronse 37 traballos e a entrega de premios terá lugar o mércores 16 de maio no acto Vitaminas para o galego, no que haberá un concerto de Sés, e que terá lugar ás 21.00 h no Pazo da Cultura de Carballo

O xurado do VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo reuniuse o venres 27 de abril, para decidir o artigo gañador deste certame, ao que se presentaron 37 traballos, e decidiu concederlle o premio, dotado con 1.000 euros e a publicación do artigo en A Nosa Costa, De Luns a Venres, Diario de Bergantiños, El Periódico de Carballo, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Praza Pública, Que pasa na Costa, Sermos Galiza e Tempos Novos ao artigo titulado «Fai teu o galego», de Carlos M. Callón Torres.

Segundo o xurado, o recoñecemento deste artigo débese á súa capacidade para chegar a públicos amplos e incidir neles cunha linguaxe clara e sinxela, convidando aos lectores a lectoras a utilizar a lingua galega e facéndolles ver que é sinxelo e só é necesario querer. Destaca a enerxía, positividade e entusiasmo do artigo, que presenta a lingua como unha oportunidade, e apela ao compromiso individual das persoas para falaren galego.

Carlos Callón (Ribeira, 1978) é profesor de lingua e literatura galegas, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e voceiro da plataforma Queremos Galego. Publicou ensaios sobre lingua e política lingüística como En castellano no hay problema (Xerais 2010) ou Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (Xerais 2011).

O xurado decidiu tamén outorgarlle un accésit sen dotación económica ao artigo «El veloz murciélago hindú comía feliz cardillo y kiwi...», da estudante ourensá Alba Cid Fernández, e recoméndalles aos medios colaboradores a súa publicación. O artigo cuestiona de maneira crítica o apropiamento da linguaxe e das palabras por parte do poder para cambiarlles o significado, para mudar o imaxinario da xente. E isto enmarcado cunha linguaxe inclusiva e cun imaxinario moderno.

Alba Cid (Ourense, 1989) é estudante de Filoloxía Galega e gañou numerosos premios literarios, como o de Relatos de Verán de La Voz de Galicia, o Ánxel Casal, GzCrea, o Francisco Añón, etc.

O xurado do VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo estivo composto por Belén Puñal, xornalista carballesa e colaboradora de diversos medios; Marcos Abalde, escritor e gañador da edición 2011 do certame; Pepe Blanco Alborés, técnico de normalización lingüística; e Nel Vidal, técnico de normalización lingüística do Concello de Carballo, como secretario, sen voto.

Os obxectivos do premio son promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e promocionar o uso do idioma galego e promover o emprego do galego na prensa escrita.

O xurado agradécelles a todos/as os/as autores/as a súa participación e sinala que «a convocatoria do Premio cumpre os seus obxectivos de promover a reflexión sobre a situación da lingua galega», e que «a calidade dos traballos presentados é alta», polo que anima aos autores e autoras non premiadas a difundir e publicar os seus artigos.

Nas sete edicións anteriores deste certame foron premiados/as autores/as como Xurxo Fernández Carballido, Olga Patiño Abeixón, Ana Rodríguez Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera Fociños, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, María Pilar García Negro, Marica Campo ou Marcos Abalde.

Publicación do artigo gañador
O artigo gañador publicarase nos medios de comunicación colaboradores o domingo 20 de maio, no caso dos medios diarios, e no número inmediatamente posterior a esa data no caso dos medios non diarios.

Vitaminas para o galego. Concerto de Sés o mércores 16 ás 21.00 h
O acto de entrega de premios levará por nome Vitaminas para o galego, como apoio á campaña de difusión dos medios de comunicación en galego, e nel haberá un concerto de Sés, a revelación musical da tempada.
Será o mércores 16 de maio, ás 21.00 h, no Pazo da Cultura de Carballo, e a entrada é libre e gratuíta.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego