CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


9259 votos
Votar | | | |


05-01-2012

Anxo Lorenzo deixa a Secretaría Xeral de Política Lingüística

Anxo Lorenzo deixa a Secretaría Xeral de Política Lingüística
O artífice dos maiores e máis graves retrocesos na política lingüística galega abandona a Secretaría Xeral de Política Lingüística para asumir a Secretaría Xeral de Cultura, despois de que Educación absorbese a consellaría específica da política cultural. Provisionalmente o posto está vacante, até que se nomee novo/a secretario/a xeral


Pouco máis de dous anos e medio servíronlle a Anxo Lorenzo para darlle a volta ao proceso de normalización da lingua galega desde a Xunta de Galicia, que até o momento, aínda que moi timidamente, sempre fora un proceso de avance, mais coa súa chegada comezaron os múltiples e graves retrocesos.

Anxo Lorenzo é licenciado en Filoloxía Hispánica e profesor da Universidade de Vigo. Foi, durante cinco anos (2001-2006) director da Área de Normalización Lingüística desa universidade e, de 2006 a 2009, director do Departamento de Filoloxía Galega e Latina.

Desde o seu nomeamento como secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, en maio de 2009, até o seu cesamento, o mércores 4 de xaneiro de 2012, foi o artífice dos maiores e máis graves retrocesos na política lingüística galega desde a restauración da democracia.

Algunhas das polémicas decisións, feitos e accións das que foi responsábel, que desde a CTNL fomos denunciando e que deixan unha gravísima herdanza para o futuro do proceso de normalización da lingua galega son, por exemplo:
  • A Secretaría Xeral de Política Lingüística pasou a depender, outra vez, da Consellería de Educación e deixou de depender, como nos últimos anos, da Presidencia, desde onde podería ter capacidade de acción transversal en todos os ámbitos sen quedar encaixada nun concreto.

  • A aprobación do chamado Decreto do Plurilingüismo supuxo, por primeira vez na historia, un retroceso na incorporación do galego no ensino, e a prohibición de impartir determinadas materias en galego.

  • Eliminouse o estabelecemento de que os/as opositores/as demostrasen o seu coñecemento de galego realizando neste idioma polo menos unha das probas dos procesos selectivos, modificando para iso a Lei da función pública.

  • Desmanteláronse os orzamentos para a Política Lingüística, que chegaron a mínimos históricos. Por exemplo, en 2012 a Xunta dedícalle ao galego menos da metade do orzamento que unha década antes.

  • Elimináronse as subvencións ás entidades sen ánimo de lucro para a normalización lingüística.

  • Suspendéronse en 2011, por vez primeira en vinte anos, as axudas á promoción do galego desde a administración local, o que supuxo o peche de, cando menos, 16 servizos de normalización lingüística (SNL), a non creación doutros e a paralización de accións dinamizadoras desde os concellos.

  • Suspendéronse as axudas á edición de materiais curriculares en galego en 2011.

  • Reducíronse os cursos de galego e incluso se eliminou unha das convocatorias de exame, e na organización e xestión dos cursos Celga menosprezáronse os servizos de normalización lingüística (SNL), encargados, na práctica, da súa difusión, xestión e achegamento á cidadanía.

  • Creouse unha Rede de Dinamización Lingüística para concellos sen necesidade de contar con servizo de normalización lingüística (SNL) para formar parte dela, o que, sumado á rebaixa e suspensión das axudas para o seu mantemento, supuxo o peche de moitos deses SNL.

  • Eliminouse na linguaxe utilizada pola administración autonómica o termo "normalización", renunciando a ese concepto, eliminándoo do nome dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) do ensino e intentándoo cos servizos de normalización lingüística (SNL) dos concellos e doutras administracións.

  • Etc.


Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego