CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


12302 votos
Votar | | | |


19-07-2011

Na procura de maior eficiencia para o discurso a prol da lingua galega

VII CURSO DE VERÁN DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Curso de verán de dinamización lingüística
Do mércores 20 ao venres 22, Carballo acolle a sétima edición do Curso de verán de dinamización lingüística "Traballando en lingua", que este ano se centra en (re)pensar o discurso normalizador. Nel interveñen especialistas como Sánchez Carrión “Txepetx”, Pilar García Negro, Fermín Bouza, Celso A. Cáccamo, Iván Méndez, Genma Sanginés, Manuel N. Singala, Valentim Fagim, Nel Vidal, etc.


A Universidade da Coruña, en colaboración co Concello de Carballo, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) e a Deputación da Coruña, organizan a sétima edición do curso de verán sobre dinamización lingüística, que ten lugar no Pazo da Cultura de Carballo os días 20, 21 e 22 de xullo e que se centra na análise dos discursos para o fomento da lingua galega.

Na inauguración, que ten lugar o mércores 20 ás 10.15 h, participarán o presidente da CTNL, Nel Vidal; a directora do Servizo de Normalización Lingüística da UDC, Goretti Sanmartín; o secretario xeral da Universidade da Coruña, Carlos Amoedo, e o concelleiro de Normalización Lingüística de Carballo, Xosé Regueira.

Os obxectivos deste curso son reflexionar sobre a incidencia do(s) discurso(s) na situación social da lingua, analizar os argumentos a respecto da diversidade lingüística, revisar termos e conceptos sociolingüísticos en transformación e avaliar as ideas forza e os conceptos chave do discurso normalizador sobre o galego, así como a súa actualidade e/ou necesidade de reformulación.

Análises, grupos de traballo, obradoiros e actividades lúdicas

O curso comezará cun relatorio de José María Sánchez Carrión, “Txepetx”, sociolingüista vasco, no que presentará propostas de discursos e argumentos integradores para a normalización lingüística. A continuación, a profesora da Universidade da Coruña Pilar García Negro falará sobre a dignificación das palabras que nos pertencen, como é o caso do termo “normalización”. Pola tarde, o técnico de normalización Iván Méndez fará unha panorámica sobre os marcos e discursos sobre a lingua, e pecharase o día con grupos de traballo sobre a construción de discursos para a promoción da lingua.

O segundo día de curso, o xoves 21, comezará cun relatorio de Celso Álvarez Cáccamo, profesor da Universidade da Coruña, co título “Para a hexemonía social do galego: discursos, prácticas e políticas lingüísticas”. A continuación traballarase en grupos sobre a construción do discurso e, xa pola tarde, o sociólogo Fermín Bouza, da Universidade Complutense de Madrid, falará sobre marcos ideolóxicos, estrutura social e lingua na sociedade galega actual. A continuación, a psicóloga valenciana Gemma Sanginés (autora da exitosa guía Sortir de l’armari lingüistic) fará un obradoiro de espazo lingüístico individual, que será simultáneo a outro do profesor Valentim R. Fagim sobre o coñecemento e a importancia do portugués.

Pelos na lingua

O día rematará coa representación de Pelos na lingua, de Talía Teatro, obra teatral de grande éxito sobre a realidade lingüística e que foi estreada no mes de febreiro en Carballo. A esta representación pode asistir o público que o desexe, con entrada libre e gratuíta, sen necesidade de reserva. Será o xoves 21 ás 21.00 h no Auditorio do Pazo da Cultura.

O último día do curso, o venres 22, a psicóloga valenciana Gemma Sanginés repetirá o obradoiro de espazo lingüístico individual, que será simultáneo a outro de Manuel Núñez Singala, escritor e director de normalización da Universidade de Santiago de Compostela, sobre os prexuízos lingüísticos. A continuación leranse as conclusións xerais dos grupos de traballo e da conferencia de clausura encargarase o presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) e técnico de normalización do Concello de Carballo, Nel Vidal, que falará sobre unha posíbel guía de estilo para a política lingüística.


Ligazóns relacionadas


Programa completo do VII Curso de verán de dinamización lingüística

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego