CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


1742 votos
Votar | | | |


08-06-2011

Novo dicionario fraseolóxico, coa equivalencia en galego de 8.500 expresións castelás

Dicionario fraseolóxico bilingüe castelán-galego
Acaba de ver a luz, na editorial virtual Meubook, o Dicionario fraseolóxico bilingüe castelán-galego, unha obra cun corpo de máis de 8.500 expresións, frases feitas e xeitos de dicir en lingua castelá e de ao pé de 25.000 en lingua galega


Trátase dunha obra na que o autor, Xosé A. Pena, tomando como base o seu anterior traballo fraseolóxico Diccionario Cumio de expresións e frases feitas castelán-galego, do ano 2001, ofrécenos un novo produto que sae á luz, desta volta en formato de libro electrónico, coa intención de lle engadir un valor adicional ao vello dicionario tanto nun sentido cualitativo coma cuantitativo, isto é, tanto no que atinxe á súa calidade intrínseca coma no que se refire á cantidade de entradas ou encabezamentos.

Nun sentido cualitativo porque púe defectos, chapoda información pouco útil e en moitos casos ofrécelle ao consultor a posibilidade de coñecer cal é a fonte da que se tira cada expresión en cuestión; nun sentido cualitativo porque practicamente se duplica o número de entradas e se triplica o número de frases e expresións.

En Meubook pódese obter máis información, obter unha previsualización e adquirir a obra.


Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego