CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


8528 votos
Votar | | | |


27-05-2011

O ILG presenta o Arquivo do Galego Oral, con dúas mil horas de gravacións

Arquivo do Galego Oral
Dúas mil horas de gravacións a 7.000 informantes da práctica totalidade dos 315 concellos galegos e de boa parte dos 38 das comarcas de fala galega de Asturias, León e Zamora e dos tres lugaris de Cáceres conforman o Arquivo do Galego Oral (AGO) do Instituto da Lingua Galega (Ilg) da USC


Dende a súa fundación en 1971 a recolleita sistemática do gale­go oral foi unha das principais liñas de investigación do ILG.

De xeito practicamente ininterrompido, desde o ano 1974 á actualidade persoal investigador do ILG realizou gravacións de etnotextos en moitos puntos do dominio lingüístico galego á vez que dirixiu traballos académicos nos que o material fundamental para analizar era unha mostra do gale­go oral. Esas gravacións, xunto con outras en depósito de xente allea ao ILG, constitúen o Arquivo do Galego Oral co que se pretende construír un corpus de interese multidisciplinar para estudar a situación da lingua oral.

Os seus principais obxectivos son a posta en rede dun banco de textos orais co que configurar unha especie de atlas da oralidade e a realización dun corpus informatizado do galego oral para o estudo léxico e gramatical. Como retos máis inmediatos propóñense inventariar e catalogar todo o material dos subarquivos que contén o AGO, pendurar en internet mostras de etnotextos agrupados tematicamente e representativos das áreas lingüísticas do galego e á vez actualizar e completar as coleccións de textos e outras gravacións.

O web do Arquivo do Galego Oral (AGO) recolle de momento unha escolma de 43 etnotextos correspondentes a 34 concellos galegos que tratan na súa maioría sobre a guerra civil e a posguerra, pero tamén sobre crenzas, lingua ou festas, romarías e costumes.

Subarquivos
O AGO consta de cinco subarquivos, dos que tres son de etnotextos con mostras de galego esencialmente popular: un de gravacións da década de 1970 do Atlas Lingüístico Galego (unhas 30 horas); outro de textos da década de 1980 (sobre 350 horas correspondentes a unhas 800 localidades); e un terceiro de 1992 á actualidade, o de maior volume cunhas 1.000 horas gravadas a máis de 5.000 informantes en 305 dos 315 concellos de Galicia (e tamén das comarcas estremeiras de fala e cultura galegas de Asturias, León e Zamora e dos tres concellos de Cáceres onde existen falas esencialmente galegas), gravacións practicamente todas dixitalizadas e clasificadas tematicamente.

O cuarto subarquivo é o Cancioneiro Popular Galego de Schubarth e Santamarina (unhas 350 horas de gravación realizadas por Schubarth en 82 concellos de Galicia e en 13 das comarcas estremeiras, xunto con melodías de gravacións do ALGa e de varios arquivos musicais). O quinto subarquivo son textos galegos en rexistro culto (unhas 300 horas), especialmente conferencias sobre a realidade sociocultural de Galicia a cargo de especialistas en política, historia, etnografía, lingua ou literatura, así como presentacións de libros e diversos actos.

O equipo
O Arquivo do Galego Oral estivo dende a súa creación dirixido polo profesor Francisco Fernández Rei, con quen colabora na actualidade un importante grupo de persoas: Carme Hermida Gulías, como subdirectora, os investigadores Carme Ares Vázquez, Xosé Henrique Costas González, Ana García García, Carme García Rodríguez e Xavier Varela Barreiro, e o informático César Osorio.

+info


Ligazóns relacionadas

Arquivo do Galego Oral

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Febreiro de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29  
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego