CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


2280 votos
Votar | | | |


10-05-2011

Os meus favoritos, guía para difundir o uso de galego en internet

Os meus favoritos, guía para difundir o uso de galego en internet
Os concellos de Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas, a través dos seus SNL, difunden a guía Os meus favoritos, para contribuír á difusión da información en lingua galega, ao mesmo tempo que da música, do deporte, da creación artística... Tamén ao uso en galego dos sistemas operativos, paquetes ofimáticos, navegadores ou redes sociais


Os concellos de Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas, a través dos seus servizos de normalización lingüística (SNL), acaban de editar a guía Os meus favoritos, un catálogo que recolle preto de 200 enderezos de sitios web en galego de ámbitos tan diversos como a banda deseñada, o deporte, o audiovisual, a información cultural, a mocidade, as redes sociais, os xogos, etc.

De Os meus favoritos editáronse entre os catro concellos 8.000 exemplares en papel, que serán distribuídos nos centros de ensino, edificios públicos, aulas de informática, asociacións, etc. Ademais, todas as persoas interesadas poden solicitalo no Servizo de Normalización Lingüística (SNL) dos catro concellos que impulsan a iniciativa. A guía tamén se difundirá en formato dixital a través de webs e correo electrónico.

Os obxectivos deste proxecto son facilitar o descubrimento e o coñecemento do ciberespazo en galego, vencellar a lingua galega con novos e modernos espazos de uso, concretamente na rede e nas novas tecnoloxías, e contribuír á difusión da información de todo tipo na nosa lingua.

O 17 de maio é o Día... de Internet
Desde o ano 1963 celebramos e reivindicamos o 17 de maio, Día das Letras Galegas, a nosa lingua e as nosas letras pero, a partir de 2006, ese mesmo día celebramos, ademais, o Día de Internet. Todo isto fai que o 17 de maio sexa unha xornada de celebración e reivindicación simultánea que se converte nunha moi boa ocasión para intensificar a relación imprescindible entre a lingua e a rede.

Do Facebook e o Tuenti en galego a xogos en liña
A guía Os meus favoritos recolle enderezos de sitios web en galego de todo tipo, desde páxinas para comprar orixinais camisolas, até sitios para escoitar a música galega emerxente, para consultar información cultural ou deportiva ou para xogar en rede ao Trivial ou ao Catapalabras. Tamén recolle información sobre como configurar en galego os sistemas operativos, paquetes ofimáticos ou navegadores máis populares ou como usar en galego o Facebook ou o Tuenti.

Descarga aquí Os meus favoritos (.pdf, 2,30 MB) >

O galego precisa de internet e internet precisa do galego


Ligazóns relacionadas


Os meus favoritos 2011. Guía de enderezo de internet

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego