CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


7568 votos
Votar | | | |


15-04-2011

XXI Xornadas de Lingua e Literatura, o 29 e o 30 de abril en Compostela

XXI Xornadas de Lingua e Literatura 2011
Xosé Manuel Pereiro, Manolo Rivas, Anxos Sumai, Inma López Silva, Carlos Callón, Suso de Toro, Goretti Sanmartín, Henrique Monteagudo, Pilar García Negro, Olga Patiño, Francisco Rodríguez..., serán algunhas das persoas participantes nas XXI Xornadas de Lingua e Literatura da AS-PG e CIG-Ensino que terán lugar o 29 e o 30 de abril en Santiago de Compostela


As XXI Xornadas de Lingua e Literatura, organizadas pola AS-PG e pola CIG-Ensino, terán lugar o venres 29 e sábado 30 de abril en Santiago de Compostela.

PROGRAMA

Venres 29
- 17:00 h. Debullando a Lois Pereiro. A vida, a imaxe e o son. Por Xosé Manuel Pereiro, Manuel Rivas e Manu Clavijo.
- 19:00 h. Conferencia: Singularidade de Castelao na literatura galega. Por Manuel Rei Romeu.
- 20:00 h. O proxecto de Casa Museo para Manuel María. Pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos.

Sábado 30
- 10:00 Seminarios:
* Anxos Sumai: O autor fala da súa obra.
* Inma López Silva: O teatro interminábel. Ensinar en Secundaria empregando o teatro como ferramenta.
* Carlos Callón: Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.
* Dorinda Castro Soliño: 8x8=64 propostas para traballar o tema da muller nas aulas de lingua e literatura.
- 11:15 h. Seminarios:
* Suso de Toro: O autor fala da súa obra.
* María Xesús Sarmiento Macías, Carme Gómez e Serafín Alonso Pintos: Dar oídos. Escoitar na clase de lingua.
* Xavier Gómez Guinovart: Recursos de tecnoloxía lingüística para o galego.
* Roberto Pascual: Creación dunha escola de espectadores nos centros educativos.
* Valentim R. Fagim: Ops! O português simples.
- De 12:30 a 14:00 h. Debate: Situación actual e futuro da lingua galega, con Pilar García Negro, Henrique Monteagudo e Goretti Sanmartín Rei.
- 16:00 h. Rexina R. Vega: Conferencia: Bilingüísmo e creación literaria: a vía heterodoxa de Álvaro Cunqueiro.
- 17:00 h. Olga Patiño Abeixón e Luciano Fernández Martínez. Presentación: Redes sociais para a lingua e a literatura.
- 17:30 h. Francisco Rodríguez. Conferencia: Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria.
- 18:30 h. María Lado e Lucía Aldao: Moita poesía e pouca diversión.

O prazo de inscrición está aberto até o 29 de abril, e pode facerse aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego