CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


1731 votos
Votar | | | |


28-03-2011

Cartafol de recursos para embarazadas para animar a usar o galego na comunicación familiar

Xeración dos Axóuxeres
Animar os pais e as nais a introducir o galego na comunicación cos seus fillos e fillas desde os primeiros momentos. Ese é o principal obxectivo do cartafol Xeración dos Axóuxeres, unha iniciativa da SXPL que está pensada para acompañar as mulleres e as súas parellas durante o derradeiro tramo do embarazo


A Secretaría Xeral de Política Lingüística distribuirá, a través dos centros de saúde, 10.000 exemplares dun cartafol de recursos entre todas as embarazadas que se atopen no terceiro trimestre de xestación.

O cartafol Xeración dos Axóuxeres consiste nunha compilación de materiais divulgativos nos que se ofrecen recursos para a incorporación da lingua galega desde o plano afectivo, con argumentos e recursos prácticos. No disco No colo da fala, producido por Xabier Díaz e Guillerme Fernández, ofrécense cancións para que os pais e nais poidan escoitalo cos seus fillos e fillas e mesmo aprender as nanas para cantárllelas eles/as mesmos/as.

Tamén se inclúe unha tarxeta onde anotar os momentos especiais vividos durante o embarazo, un repertorio de recitados e de xogos de iniciación que os pais e nais poden compartir cos pequenos da casa, unha escolma de nomes galegos, un adhesivo para o coche e un babeiro que convida a grandes e pequenos a botarse a falar galego co lema “Comer e falar todo é empezar!”.

Axóuxeres na rede: un espazo para a participación das familias
A secretaría xeral habilitou o espazo web http://www.xunta.es/linguagalega/xeracion_axouxeres para que todas as familias con bebés poidan acceder aos materiais que se inclúen no cartafol. Ademais, en http://www.xunta.es/linguagalega/construe_os_axouxeres_connosco, os pais e as nais tamén poden compartir experiencias vividas na crianza dos seus fillos e fillas: as anécdotas máis divertidas na aprendizaxe da lingua, os nomes cariñosos que empregaban os avós e as avoas para se dirixiren aos netos, as súas preguntas máis curiosas ou os libros en galego que máis lles gustan son as temáticas que vertebran este espazo participativo.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020

Avisos

    mes anterior
    Febreiro de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29  
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego